_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Compromiso e activismo literario soben á palestra do Vilagarcía, Cidade de Libro

O compromiso social e o activismo centrarán a xornada do venres no Vilagarcía, Cidade de Libro. Co título de “Literactivistas”, representantes de distintos movementos e colectivos presentarán no Parque Miguel Hernández os seus traballos e exporán as súas vivencias e opinións en relación coas temáticas feminista, LGTBIQ+ ou o conflito palestino, entre outros. E para iso contarase coa presenza de firmas como as de Anan Abdalah, Alfonso Armada, Manuel Jabois e Antón Castromil. A música máis reivindicativa terá o seu espazo na axenda coa actuación colectivo Rompente e no apartado de literatura xuvenil pasarán polo Espazo de Presentacións, Iria G. Parente e Selene M. Pascual.
13.06.2024.- “Planeta LGTBIQ” é o título da historia que Caxoto relatará a partir das 18.00 horas no Recuncho dos Contos para o público familiar. Un relato dun habitante do planeta MBurro que ao chegar á Terra dáse conta de que aquí nos encanta a diversidade e que as familias non son todas idénticas, ao contrario do que acontece no seu planeta, onde todo é igual e monótono. E unha hora máis tarde, no mesmo escenario, Raquel Queizás interpretará “Na túa man”, unha serie de contos para a igualdade que poñen en valor o respecto, a tolerancia e a comunicación dentro das relacións entre as persoas.

O público xuvenil terá a oportunidade de coñecer a dúas autoras especializadas en escribir novelas para a mocidade. Iria G. Parente e Selene M. Pascual estará a partir das 18.00 horas no Espazo de Presentacións para falar das súas obras e para explicar como son a creación e a escritura compartida dunha obra, algo do que elas saben moito.

A actividade trasládase ás 19.00 horas ao Salón García con Rompente, o colectivo de literactivistas creadores dunha factoría poética que asume a vangarda como actitude. A actuación contará coa participación de Alberto Avendaño, Manuel María Romón e Antón Reixa.

Entre as actividades organizadas polos expositores na Cidade de Libro, o Espazo Lector Nobel Arousa contará coa presenza de María Sotelo, que asinará exemplares do seu último libro, “La gran ola”, a partir das 18.00 horas. E a partir das 19.30 horas, farao Chus Iglesias, que vén de publicar “Amanecer contigo”.
A Conversa ao Solpor que se abre ás 20.30 horas contará coa participación de Manuel Jabois, Alfonso Armada, Anan Andalah e Antón Castromil, autores que previamente estarán a disposición do público para firmar libros.

Como os demais días, o Vilagarcía Cidade de Libro volveu a recibir ao longo da mañá a grupos de escolares dos centros educativos que participaron nas xincanas literarias do Literatour. O alumnado, que xa traballou con anterioridade nas aulas unha unidade didáctica sobre Luisa Villalta, a escritora homenaxeada nas Letras Galegas, porá en práctica o aprendido a través de diferentes xogos.

RESEÑAS DOS AUTORES

MANUEL JABOIS naceu en Sanxenxo (Pontevedra) en 1978 e empezou a súa carreira como xornalista en Diario de Pontevedra. Tras pasar por El Mundo, desde 2015 escribe en El País. Tamén ten un espazo diario no programa Hora 25 da Cadea SER. Como escritor, publicou a novela “A estación violenta” (2008), as recompilacións de artigos “Irse a Madrid” (2011), “Grupo Salvaxe” (2012) —unhas breves memorias sentimentais sobre o Real Madrid— e “Manu” (2013). “Vémonos nesta vida ou na outra” publicouse en Planeta en 2016 e, en 2019, con gran éxito de crítica, “Malaherba”. Seguíronlle “Miss Marte” (2021), “Hai máis cornos nunhas boas noites” (2022) e “Mirafiori” (2023).

ALFONSO ARMADA (Vigo, 1958) é xornalista. Director da revista dixital FronteraD, presidiu a sección española de Reporteros Sin Fronteras durante catro anos. Tras facer prácticas no Faro de Vigo traballou nos diarios El País (cubriu a guerra de Bosnia, o xenocidio de Ruanda e foi correspondente para África) e ABC (como correspondente en Nova York e dirixindo o seu suplemento cultural e o seu Máster de Xornalismo). Traballou de actor nas compañías de teatro Ditea de Santiago e Artello de Vigo, estudou en Madrid xornalismo na Complutense e interpretación na Real Escola de Arte Dramático. Autor, entre outros, dos libros “Cuadernos africanos”, “El rumor de la frontera. Viaje por el borde entre Estados Unidos y México”, “Nueva York, el deseo y la quimera”, “El sueño americano. Cuaderno de viaje a la elección de Obama”, “Sarajevo. Diarios de la guerra de Bosnia”, “El Celta no tiene la culpa”, “Por carreteras secundarias”, “El arte de la entrevista. De David Bowie a Adam Zagajewski” e “Cuaderno de viaje al país natal. Galicia, la Vía Láctea de la saudade”. Tamén publicou poemarios como “Pita velenosa, porta dos azares”, “TSC. Diario da noite”, “Los temporales”, “Cuaderno ruso”, “Fracaso de Tánger”, “Cuaderno de Hollywood”, “Cuánto pesa una cabeza humana. Diario de un virus coronado por el miedo” e “La vida es una carretera secundaria”.

ANTÓN CASTROMIL é profesor de Opinión Pública na Universidad Complutense de Madrid. As súas investigacións e publicacións analizan temas relacionados coa comunicación política e os efectos dos medios de comunicación na formación das opinións e o voto dos cidadáns.

IRIA G. PARENTE Y SELENE M. PASCUAL son dúas autoras especializadas en literatura xuvenil que non saben (nin queren) deixar de escribir. Con máis dunha vintena de títulos publicados nos que lles encanta explorar novos xéneros e personaxes, non teñen planeado deixar de contar novas historias. Escribiron libros como “Pétalos de papel”, “Anne sin filtros” ou “Seremos el huracán” e a súa obra foi traducida a distintos idiomas. A súa nova novela, “El eco del destino”, é a primeira entrega dunha ambiciosa triloxía de fantasía.

ANAN ABDALAH naceu en Nablus, localidade ao norte de Xerusalén, en 1954. Alí realizou os estudos primarios e preuniversitarios, trasladándose a España en 1972 definitivamente. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, doutor en Estomatoloxía pola Universidad UCMMA en R.D. exerceu a medicina, tanto na área pública como na privada durante 33 años en España, onde reside desde 1972.
Iniciouse na novela coa publicación de “Ojos de Palestina”, unha triloxía da que xa leva publicada dúas partes. Unha ficción novelada que cobra, se cabe, maior realismo no panorama actual no que nos atopamos. A segunda obra da triloxía avanza na aproximación histórica, persoal e sentimental ao pobo e ao ansiado Estado Palestino, que o autor presenta a través da vida de varias xeracións dunha mesma familia. As vivencias persoais e cotiás destas persoas, xunto cos feitos históricos e os acontecementos mediaticos que se suceden e condicionan a súa existencia, achegan ao lector a un drama sostido no tempo pola incapacidade, á impotencia e, en ocasións, mesmo a aquiescencia da Comunidade Internacional. Trátase dunha “feroz, pero documentada crítica aos que por acción ou omisión, ocasionaron ou permitiron o sufrimento do pobo Palestino”, e unha mostra de solidariedade con todas as vítimas desta inhumana inxustiza.

ROMPENTE: Alberto Avendaño, Manuel María Romón, Antón Reixa
O Grupo de Comunicación Poética Rompente foi creado en 1975 por Alfonso Pexegueiro, Antón Reixa, Alberto Avendaño e Manuel M. Romón. Cultivaron moitas das modalidades da poesía experimental. Tras desfacerse en 1983, volveron xuntarse no ano 2021 para publicar “Que hostia din os rumorosos?”
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2024  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -