_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
Comeza a instalación dun corredor cuberto no campo de fútbol Mari Paz Vilas

O Concello de Vilagarcía continúa mellorando as infraestruturas deportivas da cidade, nesta ocasión cunha actuación no campo de fútbol Mari Paz Vilas, no que xa comezaron os traballos para a creación dun corredor cuberto no que se invisten 25.410 euros. Con esta obra aténdese unha petición trasladada polos clubs usuarios da instalación deportiva de Bamio , que demandaban unha zona de abrigo pola que poder transitar en paralelo ás bancadas sen mollarse nos días de chuvia.
13.06.2023.- O corredor cuberto terá unha lonxitude de 30 metros. Partirá da saída dos vestiarios e discorrerá pegado á zona da bancada, por diante das dependencias situadas no semi-soto destas. Este soportal mellorará a funcionalidade e as condicións de confort das instalacións cando chove, tanto para os deportistas, técnicos e árbitros nos seus desprazamentos dos vestiarios ao terreo de xogo, como para o público que accede ás bancadas dende o aparcamento habilitado na parte traseira das gradas.

O soportal crearase mediante a instalación dunha estrutura metálica cun sistema de piares e vigas biapoiadas. O material de cubrición será panel sandwich de chapa prelacada con illamento interno de 30 mm de polisocianurato. O proxecto prevé a instalacións dos canlóns para a recollida de augas da cuberta.

A empresa Planificación Desarrollo y Gestión de Contrucciones está executando os traballos e xa teñen colocada a estrutura sobre a que se montará a especie de viseira. A obra parará para a celebración do torneo organizado esta fin de semana polo club Bamio e continuará na vindeira semana.
 
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2024  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -