_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Entra en servizo o novo ascensor do paso da Escardia, máis seguro e con capacidade para 12 persoas

Os veciños da zona da Escardia xa poden volver a utilizar o ascensor do paso soterrado baixo a vía do tren. O novo elevador instalado polo Concello está operativo dende hoxe, como puideron comprobar o concelleiro de Obras e Servizos, Lino Mouriño, a tenente de alcalde, Tania García, e a edil de Facenda, Luz Abalo. O equipamento, no que o Concello investiu 48.000 euros, ten maior capacidade que o anterior, ata 12 persoas, é máis seguro e eficiente enerxeticamente, e acondicionouse debidamente para evitar as filtracións de auga que provocaban boa parte das avarías.
13.06.2023.- Os técnicos da empresa Schindler, adxudicataria da obra, explicaron as características técnicas do novo elevador, que conta con equipos de última tecnoloxía que, ademais de proporcionar mellor rendemento e de aportar maior comodidade e seguridade aos usuarios, tamén son máis resistentes e consumen menos enerxía.

Entre as melloras que inclúe o novo equipamento está un sistema de seguridade que, en caso de parada ou de corte do subministro eléctrico, mantén sempre unha reserva de enerxía suficiente para levar o ascensor ata o nivel máis próximo e abrir as portas, de xeito que a xente non quede atrapada no seu interior ata que se arranxe a avaría ou volva a electricidade. O elevador está videoconectado coa operadora e dispón de botón de chamada e alarma para casos de emerxencia.

Os traballos incluíron o illamento, impermeabilización e saneamento das paredes interiores e do foso, e tamén a colocación dunha viseira na saída ao exterior, na parte superior do elevador, para protexer a instalación da auga da chuvia. Ademais, os materiais utilizados na construción do equipamento son altamente resistentes á intemperie e tamén aos actos vandálicos.

Lino Mouriño lembrou que esta mellora na accesibilidade para os veciños da zona da Escardia, Guillán e A Torre puido executarse grazas aos remanentes dos orzamentos municipais e lamentou que o principal partido da oposición non apoiase o reparto destes fondos no Pleno, “tratando de obstaculizar actuacións necesarias e demandadas pola veciñanza, como é o caso”. O concelleiro criticou a dobre vara de medir do PP “que primeiro demanda obras e logo, cando hai que aprobar o financiamento para facelas, non as apoia para poder seguir criticando ao goberno en lugar de buscar solucións para os veciños”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2024  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -