_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Todas as actividades da xornada de clausura da Cidade de Libro trasládanse ao interior Auditorio

A cuarta edición do Vilagarcía, Cidade de Libro clausúrase mañá cunha xornada integramente dedicada ás escritoras e que, debido á previsión de chuvias, trasladará todas as súas actividades ao interior do Auditorio. Co título de “A Biblioteca das mulleres extraordinarias”, o evento contará coa presenza de firmas nacionais, como Nativel Preciado, e outras que repiten como Ángela Banzas, que regresa a Vilagarcía para presentar “La sombra de la rosa”. Paula Carballeira, Amara Castro o Montse Fajardo son outras das autoras que estarán mañá na mostra vilagarciá.
15.06.2024.- A axenda do día arranca ás 11.30 horas coa presentación de “La sombra de la rosa” de Ánxela Banzas. Debido ás condicións meteorolóxicas, o acto non poderá celebrarse en Cortegada, como estaba previsto. Trasladarase aos salóns do Gato Negro, outro dos escenarios que, xunto á illa carrilexa, ambientan a última novela da escritora galega. O cambio permitirá que máis xente poida asistir á presentación xa que hai restricións de espazo. A entrada é libre.

Ao mesmo tempo, nos espazos habilitados no Auditorio abrirán as casetas de venta e exposición de libros e comezará o primeiro espectáculo infantil do día, o contacontos “Elas Tres”, interpretado por Paula Carballeira e que está dirixido a nenos e nenas de catro anos en diante.

Tamén no Recuncho dos Contos do Auditorio pero ás 18.00 horas desenvolverase o obradoiro “Superheroínas, manual de instrucións”. A actividade, dirixida ao público familiar, ten como obxectivo descubrir ás heroínas da vida cotiá, as que nos acompañan no día a día, e non saen nos cómics de Marvel.

O espazo de presentacións acollerá ás 18.00 horas a presentación do libro da viguesa Amara Castro Cid “Aquello que guardamos”, acto que presentará Andreina Villanueva Nunes e no que intervirá a autora. A escritora tamén asinará libros na caseta do Espazo Lector Nobel Arousa.

Unha hora máis tarde dará comezo no escenario principal “Indóciles”, un espectáculo multidisciplinar que achega ao público a obra de Luísa Villalta, a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas. Será da man da narradora oral Vero Rilo, a recitadora Nuria Vil e a música Mónica de Nut.

A partir das 19.00 horas comezarán as sesións de firmas de Nativel Preciado, Ángela Banzas e Monste Fajardo, as mesmas que participarán na Conversa ao Solpor prevista para as 20.30 horas e que moderará a xornalista Susana Pedreira.

NATIVEL PRECIADO. (Madrid, 1948) é xornalista, novelista e analista política. Foi cronista parlamentaria na Transición e durante catro décadas traballou nos principais medios de prensa, radio e televisión. Recibiu numerosas distincións pola súa traxectoria periodística; entre outras, o Premio Francisco Cerecedo, o Víctor de la Serna, a Pluma de Plata, o Premio de Honor da Asociación de la Prensa e o de Periodismo Internacional Manuel Alcántara a toda unha vida profesional.
É autora de ensaios, entre os que destacan “Fuera de campo”, “El sentir de las mujeres”, “Amigos íntimos”, “Extrañas parejas”, “Hablemos de la vida” (con José Antonio Marina), “Nadie pudo con ellos”, “Si yo tuviera cien mil seguidores” e “Hagamos memoria”; así como das novelas “El egoísta” (finalista do Premio Planeta 1999), “Bodas de plata”, “Camino de hierro” (Premio Primavera de Novela 2007), “Llegó el tiempo de las cerezas”, “Canta solo para mí” (Premio Fernando Lara de Novela 2014), “El Nobel y la corista”, e “El santuario de los elefantes” (Premio Azorín 2022). Actualmente colabora en InfoLibre.

ÁNGELA BANZAS (Santiago de Compostela, 1982). É licenciada en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago e MBA pola Escuela Europea de Negocios de Madrid. A súa traxectoria profesional estivo sempre ligada á consultoría de Administración Pública. A súa primeira novela, “El silencio de las olas” (Suma, 2021), obtivo un gran éxito de público e ventas. Seguiulle “La conjura de la niebla” e, en 2023 publica “La sombra de la rosa”:
Ila de Cortegada, 1910. O achado do cadáver dunha nena o día da matanza xera gran conmoción entre os habitantes da ría polas circunstancias e a atrocidade do crime. Un culpable, o poeta Guillermo de Foz. Una condena, a morte a garrote.
Mosteiro de Armenteira, 2002. As obras de restauración do claustro sacan á luz un caderno inédito coa confesión do escritor maldito Guillermo de Foz. Antía Fontán, profesora de Literatura na Sorbona, viaxará a Galicia para levar acabo un estudo sobre este achado. O que descoñece é que a súa estancia transcenderá o profesional.
Alí descubrirá unha historia de amor e morte, sinistros intereses e se verá envolta nunha serie de asasinatos perpetrados por unha mente criminal que segue o modus operandi dos anxos caídos da literatura. O alcumado Asasino da Rosa parece ter un só destinatario: ela.

AMARA CASTRO CID (Vigo) é licenciada en Xornalismo pola Universidad Pontifica de Salamanca e máster en Lenguas Aplicadas pola Universidad de Évora, en Portugal. A súa experiencia profesional conxuga a docencia, a tradución e o xornalismo. No que respecta á escritura, realizou cursos en Fuentetaja e a Escuela de Escritores, e é alumna do obradoiro de narrativa de Carlos Segovia. Coa súa primeira novela “Con esto y un bizcocho” recibiu o Premio Círculo Rojo 2018. Despois publicou “El tiempo suficiente”, e en 2023, “Aquello que guardamos”.

MONTSE FAJARDO (Vilagarcía, 1973) é licenciada en Ciencias Políticas e da Administración e ten un máster en Dereito das Administracións e Institucións Públicas, mais a súa traxectoria profesional vinculouse no xornalismo, especializándose nos últimos anos en memoria histórica e feminismo.
Ata xullo de 2023 foi técnica de memoria histórica na Deputación de Pontevedra, cargo que asumiu en 2021. Entre ese ano e o 2014 coordinou o proxecto A memoria das mulleres, promovido pola Concellería de Patrimonio do Concello de Pontevedra, e anteriormente traballou como redactora en O Salnés Siradella, Radio Ames, Diario de Arousa e Faro de Vigo. Actualmente é colaboradora habitual do faladoiro radiofónico de Radio Arosa-Cadena SER e do xornal Nós Diario.
En 2018 foi a gañadora do premio de Xornalismo Lueiro Rey do Concello de Fornelo de Montes polo seu artigo “O universo de Carlos”, protagonizado por un neno con autismo. En 2023 gañou o premio da SELIC por un ensaio sobre a estadía de mulleres en Conxo durante a ditadura: “Rotas. As mulleres que o franquismo agochou en Compostela”, presentado baixo o lema “Onde habita a tolemia”. En marzo de 2024 foi a gañadora do premio Xohana Torres polo ensaio “Caídas, Achegamento ao Patronato de Protección a la mujer na Galiza”.
En solitario é autora dos libros “Matriarcas” (2012), “Un cesto de mazás” (2015), “Invisibles” (2017), “O escalón de Ulises” (2018), “A vida incerta” (2020) e “Rotas” (2024).


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2024  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -