_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Augas de Galicia avala a postura do goberno de Vilagarcía sobre a apertura da desembocadura do Con

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, regresou onte da reunión que mantivo co responsable de Augas de Galicia, con boas noticias para Vilagarcía, porque o departamento autonómico avala a eficacia da apertura da desembocadura do Con nos terreos portuarios do Cavadelo como medida para reducir o risco de inundacións, como propoñía o goberno local. Isto, bota por terra o único argumento que esgrimía o PP local para opoñerse ao derribo da nave portuaria de Moral construída sobre a zona de recheo sobre a que actuar.
15.06.2024.- A reunión tiña como único asunto a tratar o asunto da liberación da desembocadura do Con e foi solicitada polo rexedor nun momento crucial, xa que a concesión da nave de Moral expirou en decembro e o futuro que a Autoridade Portuaria lle dea a eses terreos nos vindeiros anos podería volver a hipotecar a medida, como xa aconteceu hai unha década.

Para aclarar o asunto, o departamento que dirixe Roi Fernández Añón, presentoulle ao alcalde as conclusións da diagnose elaborada por Augas de Galicia para previr e reducir os efectos de inundacións en Vilagarcía. E entre as medidas recollidas no documento proponse desfacer o embotellamento que se crea actualmente na desembocadura do Con no tramo do recheo portuario que vai dende Valle Inclán ata a rampla do Cavadelo, acompañando a intervención coa ampliación da sección das demais pontes do río para permitir o paso dun maior caudal de auga. Executando estas accións, o documento conclúe que non sería necesario tocar a pasarela peonil de Vista Alegre, un elemento histórico e protexido por Patrimonio, que se respectaría, tal e como se defendía dende Ravella.

Estudo polos técnicos municipais e novas reunións de traballo

Na diagnose establécense outro tipo de actuacións, como a necesidade de establecer medidas de control sobre determinadas zonas inundables do municipio, próximas aos leitos fluviais, e que deberían quedar libres de edificacións. Por esta razón, Augas de Galicia remitirá a diagnose ao Concello co obxectivo de que a estuden os técnicos municipais e os redactores do PXOM coa finalidade de introducir as recomendacións no documento de planificación urbanística.

Segundo o acordado no encontro entre Varela Paz e Fernández Añón, Concello e Augas de Galicia emprazaranse a novas reunións de traballo para ir marcando os prazos e fases de actuación e establecendo o financiamento.

O alcalde de Vilagarcía amosouse plenamente satisfeito co resultado do encontro. Antes de nada, porque desbloquear este asunto suporá grandes beneficios para o conxunto de Vilagarcía. De feito, abrir a desembocadura do Con era unha proposta programática defendida polo executivo socialista como medio de previr inundacións e tamén para continuar recuperando a fachada marítima de Vilagarcía e para seguir abrindo a cidade ao mar.

"O PP de Vilagarcía carece de proxecto de cidade"

Pero ademais, Varela aproveitou para poñer en evidencia ao PP de Vilagarcía "que simplemente por tratar de obstaculizar ás propostas deste goberno, opóñense a medidas beneficiosas para o conxunto de Vilagarcía con argumentos que carecen de peso. Fixérono co solar da Comandancia, dicindo que alí non era viable construír un centro de saúde, e a Xunta do seu mesmo partido quitoulles a razón. E volvérono a facer coa apertura da desembocadura do Con, ao non apoiar a medida no Pleno, ata en dúas ocasións, dicindo que non serviría para nada, e agora volven a quedar en evidencia co estudo de Augas de Galicia. A ver que escusa peregrina buscarán agora para volver a opoñerse" pregunta o socialista. O rexedor conclúe que, con esta forma de actuar "o PP de Vilagarcía volve a deixar claro que, ademais de non buscar o interese xeral da cidade, carece do máis mínimo proxecto de cidade".
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -