_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A liquidación definitiva do contrato do parking de Xoán XXIII resolverase o xoves nun pleno extraordinario

O Concello de Vilagarcía celebra este xoves, 20 de xuño, un Pleno con un único punto na orde do día: finalizar o expediente de liquidación pola resolución do contrato da concesión do parking de Xoán XXIII. A sesión convócase pola vía extraordinaria a efectos de concluílo antes de cumprirse 2 meses dende que se iniciou (por acordo do Pleno do 25 de abril). O Pleno celebrarase o xoves, 20 de xuño, ás 9.30 horas.
17.06.2024.- Tras desestimar as alegacións presentadas pola concesionaria, a Corporación votará a liquidación definitiva que mantén que Proinsa debe indemnizar ao Concello con 797.071 euros. Esta cantidade correspóndese co orzamento das obras que, segundo o informe pericial, deberán executarse para corrixir as deficiencias que presentan as instalacións pola falta de mantemento e conservación nas que incorreu a empresa incumprindo o contrato da concesión.

En consecuencia, na proposta de liquidación faise constar que se denega a devolución da garantía de 18.030,36 euros depositada no seu día por Proinsa, cantidade que se deducirá da indemnización que lle corresponde ao Concello.

Ademais, Proinsa debe ao Concello outros 121.985,97 euros polo impago do canon de explotación e de taxas e impostos municipais (IBI, IAE, vaos, lixo, alcantarillado) dende o ano 2014. Neste caso, a débeda co Concello debe resolverse a través do incidente concursal que se tramita a través do Xulgado do Mercantil nº 4 de Madrid.

Dado a que o Concello non adebeda suma algunha á concesionaria, a proposta de liquidación definitiva tamén se denega o devengo de intereses.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2024  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -