_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O ensanche da rúa Wenceslao Fernández Flórez licítase cun orzamento de 214.220 euros

O Concello de Vilagarcía vén de publicar na plataforma de contratación pública a licitación da obra de Mellora do acceso ao Piñeiriño pola rúa Wenceslao Fernández Flórez. A obra, que permitirá ensanchar a vía e aumentar a súa seguridade viaria, licítase cun orzamento de 214.220 euros (IVE incluído) e un prazo de execución de 4 meses. A actuación finánciase a través do plan Máis Provincia e o Concello xa dispón do permiso da Demarcación de Carreteras del Estado para poder executar a obra que enlaza coa estrada de acceso ao Porto -de titularidade estatal- á altura do nó da rotonda de Pablo Picasso.
17.06.2024.- O Piñeiriño verá melloradas as súas comunicacións en breve co ensanche de Wenceslao Fernández Flórez, unha rúa que presenta na actualidade certas limitacións para o tráfico rodado debido ao angosto dun dos seus tramos. Para corrixir esta situación, o goberno local xestionou a cesión gratuíta dos terreos necesarios para dar amplitude a rúa no punto no que se estreita. Chegouse a acordo con dous propietarios que, mediante a sinatura dos correspondentes convenios, ceden gratuitamente unha franxa de terreo de 21,5 metros cadrados para permitir desfacer o pescozo de botella e para axustar a rúa á aliñación prevista no Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Con esta medida, tanto os autobuses como os vehículos longos poderán transitar pola vía, ofrecendo así máis alternativas aos accesos ao Piñeiriño dende as rúas Fontecarmoa e Camilo José Cela. Ademais, a obra repercutirá positivamente na seguridade viaria xa que, ao gañar en amplitude, tamén se facilitará a convivencia entre peóns e vehículos.

O proxecto a acometer inclúe ademais a renovación das redes de saneamento e recollida de augas pluviais e a reposición do pavimento.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2024  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -