_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TURISMO
A Concellería de Turismo promove unha liña estable de travesías da Orixe do Camiño durante o verán

O Concello de Vilagarcía dá un paso máis no desenvolvemento do turismo ligado á tradición Xacobea poñendo en marcha unha liña estable de travesías da Orixe do Camiño durante os meses de verán. A iniciativa promovida pola Concellería de Turismo artellouse mediante a sinatura dun convenio de colaboración con dúas empresas de turismo náutico da ría, Náutica Medusa e Amare Turismo Náutico, que serán as que ofrezan o servizo. As viaxes realizaranse os martes, xoves e sábados, con saídas dende o edificio de Mariña Vilagarcía, no peirao de pasaxeiros.
17.06.2024.- A proposta do departamento que dirixe Álvaro Carou enmárcase nun proxecto para poñer en valor e desenvolver as distintas rutas do Camiño de Santiago que pasan pola zona, tendo en conta que a orixe de todos estes camiños está no percorrido que seguiron os restos do Apóstolo Santiago dende Terra Santa ata Compostela, cuxo último tramo foi por augas da Ría de Arousa e o río Ulla. Esta última etapa é a que os turistas e, máis especialmente, os peregrinos, poderán facer coas novas viaxes que xa se ofertan dende Vilagarcía (comezaron a pasada semana) e estarán operativas ata o 30 de setembro.

A diferenza do servizo que se viña prestando os último anos, con travesías para grupos pechados, este novo servizo está especialmente pensado para os peregrinos, de xeito que poidan facer a ruta marítimo fluvial a medida que vaian chegando e sen necesidade de contar cun número mínimo de persoas.

As travesías ata Pontecesures realizaranse en embarcacións cunha capacidade para 12 persoas e os horarios dependerán das mareas, para garantir o calado necesario para remontar o Ulla sen problemas. Ofertarase a posibilidade de facer só a ruta de ida (para peregrinos e aquelas persoas que desexen completar o itinerario ata Compostela), ou de ida e volta. Os prezos serán de 30 euros na primeira opción e 35 na segunda.

Ademais dos elementos relativos á tradición das peregrinaxes xacobeas – como os cruceiros que forman o viacrucis marítimo-fluvial ao longo do traxecto- os participantes tamén poderán coñecer e gozar doutros atractivos da zona, como as paisaxes da ría, o Parque Nacional das Illas Atlánticas a través de Cortegada, o marisqueo de Carril e Os Lombos do Ulla, a zona intermareal deste río e as Torres do Oeste, entre outros.

O convenio no que o departamento que dirixe Álvaro Carou inviste 15.520 euros ten como obxectivo facilitar a posta en marcha deste novo servizo turístico, contribuíndo economicamente nesta fase inicial ata que a propia demanda o consolide e xa poida manterse exclusivamente por conta da iniciativa privada.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2024  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -