_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
As persoas interesadas en participar no XXII Torneo de Tenis de Verán poden inscribirse ata o día 1 de xullo

A Fundación de Deportes do Concello de Vilagarcía organiza unha nova edición do Torneo de Tenis de Verán que se desenvolverá nas pistas de Fontecarmoa a partir do 8 de xullo. A inscrición está aberta ata o día 1 de xullo e a participación é de balde. A competición nas modalidades masculina e feminina contará coas catro categorías individuais, establecidas en función das idades dos participantes, máis a de dobres. As persoas interesadas en participar deben realizar o trámite de forma telemática a través da sección da Fundación de Deportes da sede.vilagarcia.gal e cubrindo o catálogo de procedemento (formulario) 30012.
18.06.2024.- Como xa se comentou, a competición organízase en catro categorías individuais en función das idades dos deportistas. A Categoría A será a de rapazada de 8 a 12 anos (nados entre 2012 e 2016). A Categoría B, para os tenistas de idade comprendidas entre os 13 e os 17 anos (nados entre 2007 e 2011). A Categoría Absoluta, masculina e feminina, está aberta a todas as idades e na de Veteranos poderán participar tenistas nados en 1973 e anos anteriores. Na modalidade de dobres poderán xogar parellas masculinas, femininas ou mixtas.

Como de costume, a Fundación entregará trofeos aos tres primeiros clasificados/as de cada categoría. Todos os participantes na categoría A recibirán medalla e darase un trofeo á deportividade.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -