_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SANIDADE
Escolares de Vilagarcía, Cambados e Meis plasman en cómics o aprendido nos obradoiros para previr o consumo de alcol

A área de prevención do SPAD de Vilagarcía de Arousa levou a cabo durante os meses de marzo, abril e maio os obradoiros para previr o consumo de bebidas alcohólicas entre a poboación xuvenil. A actividade desenvolveuse en centros educativos de Vilagarcía, Cambados e Meis e contou coa participación de 350 escolares de 10 e 11 anos (5º curso de Primaria) que, como traballo final, resumiron graficamente o aprendido mediante a elaboración de cómics na actividade denominada “TBO e non che creo”.
18.06.2024.- Nos obradoiros que impartiu unha das psicólogas do SPAD a rapazada recibiu información sobre as diferentes consecuencias que a inxesta de alcohol ten na saúde, especialmente cando se consume en idades temperás. Tamén abordaron os falsos mitos e as crenzas erróneas que existen sobre os efectos das bebidas alcohólicas ligados ao ocio xuvenil e como medio facilitador da socialización ou da aprobación entre iguais. E por ultimo, aprenderon hábitos saudábeis e debateron sobre os temas tratados.

A xustificación desta intervención educativa e preventiva no ámbito escolar parte dos datos obtidos na última enquisa de ESTUDES de 2023, feita entre estudantes de 14 a 18 anos, onde se determinou que o alcol é a sustancia psicoactiva con maior prevalencia de consumo, posto que o 56,6% dos enquistados recoñeceu ter bebido alcol no último mes. Ademais, detectouse que a idade media de inicio en consumo de alcol baixou unha décima e sitúase nos 13,9 anos, un dato preocupante para a saúde dos menores.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2024  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -