_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Adxudicado o arranxo das beirarrúas no Patio Saavedra

O Concello de Vilagarcía vén de adxudicar á empresa Montajes Eléctricos J.M. Iglesias a actuación de mellora de accesibilidade na rúa Patio Saavedra. Cun orzamento de 28.015 euros financiados a través do plan Máis Provincia da Deputación, a obra permitirá arranxar as beirarrúas co obxecto de facilitar o tránsito dos peóns. Os traballos teñen un prazo de execución de un mes.
19.06.2024.- O goberno local de Vilagarcía responde con esta actuación á petición realizada pola comunidade de propietarios que puxo en coñecemento do Concello os problemas que estaban a sufrir debido ao afundimento da beirarrúa en diversos puntos o que, ademais de supoñer un risco para os peóns, propiciaba a creación de charcos. A maiores, o firme da beirarrúa presentaba un desnivel en baixada cara a fachada dun inmoble, o que provocada que a auga escorrentase cara a parede filtrándose ao baixo e ao soto.

Para corrixir estas deficiencias, as actuais beirarrúas de lousa hidráulica demoleranse e, tras nivelar e arranxar os servizos que puideran verse afectados polo afundimento (canalizacións de recollida de pluviais, saneamento, auga, etlectricidade…), reconstruirase o pavimento utilizando formigón armado. A utilización deste material resulta máis aconsellable xa que, ademais de precisar menos mantemento, a ausencia de desniveis na súa execución resulta máis cómodo e seguro para camiñar. Só se utilizará lousa hidráulica con botóns vermellos nas zonas dos pasos de peóns, sistema que permite ás persoas invidentes identificar as zonas seguras de cruce de beirarrúas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
           
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -