_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello pon ao cobro o 1 de xullo 33.267 recibos do IBI de natureza urbana, 151 máis que o ano anterior

O número de bens inmobles de natureza urbana matriculados en Vilagarcía segue a incrementarse ano a ano. No actual exercicio, o padrón de recibos do IBI urbano incrementouse en 151 propiedades respecto a 2023, chegando ao total de 33.267. O importe dos mesmos ascende a 7.829.331 euros, 41.577 euros máis que o ano pasado. Esta tendencia ao alza no censo e na recadación da contribución urbana vense repetindo no tempo. De feito, en 2023 o número de recibos emitidos medrara en 173 e o valor dos mesmos incrementárase en 26.122 euros respecto ao ano 2022.
19.06.2024. Todos estes datos extráense do padrón fiscal do Imposto de Bens Inmobles de natureza urbana que vén de aprobar o Concello de Vilagarcía para o exercicio de 2024 e que se someterá a exposición pública nos vindeiros días, tras a súa publicación no BOOP, como paso previo ao inicio do período de cobro.

O prazo voluntario para que os contribuíntes cumpran coa obriga fiscal vai do 1 de xullo ao 2 de setembro. De transcorrer este período sen ter realizado o pago, este esixirase pola vía de prema, coa aplicación do recargo e xuros establecidos na lei. Malia isto, a principal modalidade de pago que utilizan os vilagarciáns para satisfacer esta obriga fiscal é a da domiciliación bancaria. O cargo en conta nestes casos farase o día 1 de agosto.

Domiciliación e plan de pagos

As persoas interesadas en domiciliar o recibo do IBI aínda están a tempo de facelo, sempre que fagan o trámite, polo menos, 15 días antes do 1 de agosto, a data fixada para o cargo en conta. O trámite deben realizado no departamento de Recadación Municipal.

Ademais, o Concello de Vilagarcía ofrece outra alternativa para facilitar aos contribuíntes o pago das taxas e impostos municipais mediante o Plan personalizado de pagos. Trátase dunha opción voluntaria na que os contribuíntes poden elixir facer fronte á suma das súas obrigas fiscais co Concello (IBI, imposto de circulación, lixo, saneamento…) nun único pago anual, ou repartila en 4, 6 ou 11 cotas, segundo mellor lle conveña. Para acollerse a este sistema, o interesado debe solicitalo previamente no departamento de Rendas. O trámite pode facerse en calquera momento do ano, sempre antes do 1 de decembro para que comece a aplicarse ao inicio do seguinte exercicio económico. De non elixir esta opción, seguirase aplicando o calendario fiscal preestablecido.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -