_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
Equipos da ACT disputan por primeira vez a Bandeira de Traíñas Concello de Vilagarcía

Vilaxoán acolle este sábado, 22 de xuño, a competición de traíñas con máis nivel da súa historia. Por primeira vez a Bandeira de Traíñas Concello de Vilagarcía contará coa participación de equipos da ACT, a liga nacional, aos que se sumarán as mellores tripulacións galegas, tanto na modalidade masculina, que chega á súa 29 edición, como na feminina, que será a cuarta. O alcalde, Alberto Varela, e Gelo Tarrío, presidente do Club de Remo Vilaxoán, anfitrión e organizador do evento, presentaron esta mañá a regata na Praia do Preguntoiro.
19.06.2024.- A proba deportiva desenvolverase en augas do porto de Vilaxoán. Comezará ás 17.00 horas coa regata feminina, na que intervirán os dous equipos que representan a Galicia na liga nacional, a ACT, Tirán e Cabo de Cruz, máis as tripulacións arousás de Rianxo e Chapela. A continuación celebrarase a regata masculina na que, ademais dos dous clubs da ACT, participarán os dous mellores de Galicia, Ares e Chapela, e os outros catro clubs da Ría de Arousa: Rianxo, Ribeira, A Pobra e Mecos.

O alcalde destacou a labor que durante anos leva realizando o Club de Remo Vilaxoán para conseguir que o remo sexa toda unha tradición na vila mariñeira, como o demostra que a Bandeira Concello Vilagarcía cumpra xa 29 edicións. Ademais recoñeceu o mérito da entidade por promocionar este deporte e conseguir facer e manter unha canteira de rapaces e rapazas que aposten polo remo.

Neste punto, o presidente do club lembrou que tamén o sábado pola mañá se disputará en augas de Vilaxoán a Bandeira Porto de Vilagarcía que se tivo que aprazar polo mal tempo hai unhas semanas. Na proba, para as categorías alevín, infantil e cadetes, debutarán tres equipos do club vilaxoanés que Tarrío confía en poder manter de cara á vindeira temporada pasando a engrosar as filas da entidade que este ano contou cun equipo sub 23 feminino e un sénior masculino.

Tanto o presidente do club como o rexedor animaron ao público a achegarse o sábado e o domingo a porto de Vilaxoán para gozar do espectáculo do remo, esperando que meteoroloxía acompañe para que as probas se celebren en condicións óptimas.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -