_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O Alén Metal Fest regresa coa máxima potencia á Xunqueira cun cartel encabezado polos británicos Onslaught

O metal, o heavy, o death o thrash… os ritmos máis fortes e cañeiros volverán a soar coa máxima potencia no Alén Metal Fest nunha edición que este ano contará cunha banda mítica no panorama internacional: a británica Onslaught. Xunto a eles, o sábado 6 de xullo tocarán no escenario do Parque da Xunqueira os portugueses Okultist, o grupo catalán Savaged e os galegos Brutal e Race. Os concertos comezarán as 19.30 horas e, como é habitual neste evento, a entrada é libre e de balde.
20.06.2024.- O festival organizado pola asociación Indanonvaidesta presentouse esta mañá na Xunqueira coa presenza do alcalde, Alberto Varela, dos concelleiros de Cultura e Turismo, Sonia Outón e Álvaro Carou, e cos representantes do colectivo, Luis Martínez e Xurxo Santos. Estes últimos agradeceron a colaboración prestada polo Concello de Vilagarcía para o desenvolvemento do evento dende a súa primeira edición, recoñecendo que “non nos custou nada convencer á Sonia de que apostara por un festival de música metal. Deunos todas as facilidades dende o primeiro momento, e esa é unha das razóns polas que con só catro edicións xa nos temos posicionado como o terceiro festival deste estilo en Galicia”.

O alcalde correspondeu a estas declaracións poñendo en valor o esforzo realizado polo colectivo para crear este evento, primeiro dende a asociación veciñal de Rubiáns e logo xa constituídos como o colectivo Indanonvaidesta. “Tamén nós temos que agradecervos que contribuades con esta proposta a ampliar a ampla oferta de festivais musicais que temos en Vilagarcía, completándoa cun estilo que, ata que chegou o Alén, non estaba representado e que tamén conta co seu público”.

Varela lembrou que Vilagarcía entra xa na temporada alta de eventos musicais. “Comezamos esta fin de semana co Clasclás e o 6 de xullo seguimos co Alén Metal Fest para continuar co Atlantic, os concertos das festas patronais, As Revenidas e o Ameixa Rock. Música variada e para todos os gustos”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2024  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -