_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Autores, público e ventas avalan o éxito do Cidade de Libro e dun formato que chama a atención a nivel nacional

A memoria de actividade e as consultas de avaliación realizadas entre o público, autores e libreiros participantes na cuarta edición do Vilagarcía, Cidade de Libro permiten afirmar que a cuarta edición do evento literario foi todo un éxito. Así o demostran tanto as cifras de visitantes e de ventas, como as críticas dos asistentes e as valoracións dos escritores e escritoras presentes na cita deste ano. A conclusión de todo isto é que o Cidade de Libro é xa un produto consolidade e de referencia, que se distingue no panorama nacional polo completo e innovador formato que presenta. Esta é unha das características máis destacadas e apreciadas polas grandes firmas das letras españolas e galegas que acoden cada ano ao evento no que tamén teñen o seu espazo os talentos locais.
21.06.2024.- O Vilagarcía, Cidade de Libro desenvolveuse do 11 ao 16 de xuño, seis de días de intensa actividade no que pasaron por el 8.000 persoas (unha media diaria dunhas 1.300) para visitar as casetas e comprar libros, asistir aos encontros con autores, levar libros para firmar, participar nas presentacións de novidades editoriais ou gozar dos espectáculos literarios e de animación á lectura.

A calidade e variedade do cartel deseñado polo departamento que dirixe Álvaro Carou é tamén unha das claves do éxito do Cidade de Libro. O evento contou este ano coa presenza dunha trintena de firmas, propiciando un encontro entre figuras xa consagradas no panorama literario nacional e galego -como Lorenzo Silva, Nativel Preciado, Javier Sierra, Ángel Martín, Arantza Portabales, Pedro Feijó, Manuel Jabois, Ángela Banzas, ou Manel Loureiro- con novos talentos e autores locais -como Ismael Ramos, Afra Torrado, Rober Cagiao, Bernardo Pajares, Lúa Mosqueta, Anan Abdalah ou Montse Fajardo, entre outros-.

Interesados en vir e en repetir

As Conversas ao Solpor, os faladoiros sobre o tema do día entre distintos autores, pola a súa proximidade e interacción co público son, dende a primeira edición do Cidade de Libro, unha das actividades que mellor acollida teñen entre o público e tamén entre os escritores e escritoras. E é tamén algo polo que o evento de Vilagarcía xa comeza a ser coñecido a nivel estatal entre os profesionais do sector, moitos dos cales se interesan a motu propio por vir a participar no noso evento, e outros que xa estiveron manifestan o seu desexo de repetir, como xa ten acontecido en varias ocasións.

A variedade da programación, dando cabida a todos os xéneros literarios, con autores especializados en todo tipo de públicos, actividades para todas as idades e enfocadas tanto dende o punto de vista cultural como o lúdico, son outros dos valores do Cidade de Libro xunto coa singularidade de recuperar e redefinir os espazos públicos e ao aire libre como lugares para a iniciativa cultural e a interacción colectiva. Este ano, a mostra celebrouse integramente no Parque Miguel Hernández (excepto os días de chuvia nos que as actividades se trasladaron ao interior do Auditorio). Este novo escenario natural tamén foi moi ben acollido ao crear un ambiente máis agradable e recollido, potenciando a visión de conxunto e aportando frescura co marco das zonas verdes.

Motor do sector editorial

A maiores do obxectivo de crear cultura literaria entre a poboación e promocionar a literatura en todos os seus xéneros, o balance do evento organizado polas concellerías de Xuventude e Cultura actúa tamén como motor do sector editorial e ten un importante efecto económico ao disparar as ventas de libros. Segundo comentaron os libreiros, a facturación foi moi boa durante a mostra, pero tamén as semanas anteriores. De feito, a demanda de obras dos autores convidados notouse nas librarías dende o día no que se deu a coñecer o cartel, e mantívose nas casetas nos seis días que estiveron abertas no Parque Miguel Hernández.

Este ano participaron cinco librarías locais, dúas editoriais e unha asociación todas as cales dispuxeron das súas propias casetas no Miguel hernández. Foron Follas Novas Arousa, Vidal, Nobel Arousa, Metrópolis Cómics Arousa, Hojas de Lorien, a asociación Mesa das Verbas e as editoriais Viento Norte e Tazalunar Books.
 
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2024  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -