_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
Vilagarcía celebra o rito do lume prendendo 267 cachadas na noite de San Xoán e 202 na de San Pedro

A veciñanza de Vilagarcía segue mantendo viva a celebración da chegada do solsticio mediante o ancestral rito do lume. Seguindo a tradición, a noite de San Xoán iluminarase mañá co prendido das 267 cachadas autorizadas polo Concello e que, tamén seguindo os usos e costumes, irán acompañadas das correspondentes viandas que se cociñarán nas grelladas privadas e nas 15 que realizarán establecementos hostaleiros da cidade para ofrecer as saborosas sardiñas asadas, churrasco e chourizos.
22.06.2024.- Aínda que a noite de San Xoán, a do 23 ao 24 de xuño, é a máis importante e máis popular, o certo é que en Vilagarcía está collendo forza a celebración da festividade de San Pedro, como o demostran o número de permisos tramitados tamén para facer cachadas esa xornada. De feito, este ano solicitáronse 202 autorizacións de fogueiras particulares na noite do 28 ao 29 de xuño, ademais de 16 permisos hostaleiros para facer grelladas (1 máis que para o día 23). A causa de que o número se achegue ao da noite de San Xoán débese a que este ano San Pedro cae en sábado que, ao non ser día laboral para moitas persoas, permite gozar das celebracións da note anterior con máis relaxación.

Outro dato a ter en conta este ano é a imposibilidade de realizar fogueiras nas praias da Concha e da Compostela debido aos traballos de rexeneración que se están a levar a cabo. Isto fai que o número de solicitudes para os areais descendese respecto aos anteriores e que as 7 cachadas autorizadas para a noite de San Xoán se concentren nas praias de Carril (Covacha e O Curruncho) e nas de Vilaxoán (Preguntoiro e Saíñas). Tamén se pediron 2 permisos para a noite de San Pedro no Preguntoiro.

A concesión das autorizacións, tanto para as fogueiras como para as grelladas na vía pública, están suxeitas e condicionadas ao cumprimento das normas de seguridade e limpeza que o Concello divulga anualmente nun bando distribuído pola cidade e que se ponde consultar no taboleiro de anuncios da web municipal http://www.vilagarcia.gal e no da sede electrónica sede.vilagarcia.gal.

Normas de obrigado cumprimento

A primeira norma é que con exceso de vento non se poderá prender a fogueira.
En situación de normalidade, a cachada terá un perímetro de seguridade de 6 metros de radio por cada metro da altura combustible, porase especial coidado de non situalas baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, de que estea lonxe de zonas arboradas, así como de que nos arredores non exista ningún local no que se almacenen produtos inflamables. Non se poderán acumular combustibles nos arredores das cachadas e tampouco se poderán queimar nelas materiais contaminantes ou perigosos, como pneumáticos, aerosois, etc...

A modo de prevención, deberá disporse de material para a extinción do lume, tal e como caldeiros con auga, area ou extintores, e os organizadores están obrigados a deixar completamente apagada a fogueira antes de marcharse, para o cal deberán empapala con auga.

As fogueiras autorizadas nas praias deberán cumprir tamén o requisito de instalarse respectando os 6 metros de servidume de paso dende a liña de preamar ou marea alta, tal como se recolle na ordenanza reguladora do uso das praias, e outros 6 metros de marxe respecto ao bordo do paseo marítimo.

No caso de que se teña intención de realizar a cachada na beirarrúa ou en calquera outro espazo público, ademais de cumprir os requisitos xa mencionados, deberá protexerse o pavimento con placas de ferro, area ou material similar que evite danalo. Ademais, os organizadores terán que deixar a zona limpa unha vez rematada a fogueira.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2024  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -