_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
O 70% dos nenos e nenas que acudirán ao Campamento Urbano de Verán farano de forma totalmente gratuíta

A Concellería de Xuventude publica mañá a lista definitiva de admisións e a lista de agarda nos Campamentos Urbanos de Verán para nenos e nenas de 3 a 7 anos. O servizo prestarase nas instalacións do colexio Arealonga entre o 1 de xullo e o 14 de agosto e será totalmente gratuíto para o 70% dos participantes, xa que das 70 prazas dispoñibles, 49 están bonificadas ao 100%, comedor incluído. Ademais, a maior parte dos 21 usuarios que deben abonar cota, tamén reciben algún tipo de desconto en función da situación económica e familiar.
24.06.2024.- O Campamentos Urbanos de Verán son un programa socio educativo e de conciliación familiar organizado pola Concellería de Xuventude. Dado o obxectivo de conciliación que ten, un dos requisitos de obrigado cumprimento para poder participar é que os proxenitores (ou proxenitor en caso de familias monoparentais) teñan actividade laboral ou participen nun proceso de formación regrado ou oficial no horario de desenvolvemento do servizo.

O servizo prestarase de luns a venres cun horario de 9 a 14 horas, que se prolonga ata as 15 horas para os usuarios do comedor. Tamén para facilitar a conciliación, ofértase o Plan Madruga (con entrada de 8 a 9 da mañá) e a posibilidade de asistir durante o período completo ou por quincena, de xeito que as familias poidan axustar o mellor posible as súas obrigas e descansos laborais co período vacacional dos escolares.

Durante a súa estadía nos campamentos, os cativos realizarán actividades lúdicas, educativas e relacionais, así como saídas e visitas a distintos lugares de interese. Todo dirixido e supervisado por monitores especializados.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
           
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -