_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TRÁFICO
A avenida de Valle Inclán dende a rotonda de Pablo Picasso e ata o cruce de Veiga de Abaixo, pechada ao tráfico durante 3 semanas

As obras de mellora da rede de saneamento que está a levar a cabo Petrolam Infraestructuras por encargo de Augas de Galicia e con financiación dos fondos europeos afectarán dende hoxe ao tramo da avenida de Valle Inclán que vai dende a rotonda de Pablo Picasso e o cruce de Veiga de Abaixo. As obras durarán tres semanas e durante este tempo o tráfico de vehículos quedará pechada. Tendo en conta o ancho do vial e que a rede a cambiar vai practicamente polo centro, non é posible facer unha circulación restrinxida a un carril único e reversible regulada por semáforo, como sucedeu con outro tramo da mesma avenida de Valle Inclán.
26.06.2024. Así pois, aqueles que dende hoxe se vaian ou veñan de Vilaxoán terán que tomar un desvío, ben na propia rotonda de Pablo Picasso -subindo cara a avenida de Cambados-, ben por Veiga de Abaixo, para conectar con Pablo Picasso. A liña de autobuses urbanos que comunica Vilaxoán e Vilagarcía polo litoral terá que variar tamén o seu itinerario, deixando inutilizada unha das paradas (na zona de Canelas) para subir/baixar pola urbanización de Miramar, conectando así a avenida de Cambados coa avenida de Víctor Pita, na beiramar.

O Concello prega aos condutores a maior precaución e colaboración con esta medida que, malia os seus inconvenientes, é absolutamente necesaria e inevitable para lograr un ben superior: a renovación da rede principal de saneamento da cidade, que redundará nunha mellor calidade de vida para todos os cidadáns durante os vindeiros anos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2024  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -