_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Vilagarcía acolle unha impactante exposición fotográfica sobre a realidade e as consecuencias dos incendios forestais

Durante todo o mes de xullo, a explanada fronte á Alameda acolle unha exposición realizada por Afundación, de Abanca, en colaboración co colectivo cultural Ollo. Titulada “Lume” é unha impactante mostra fotográfica sobre a realidade e as consecuencias dos incendios en Galicia. O alcalde fixo un chamamento á reflexión xeral xusto diante dunha imaxe do lume que asolou o monte de Xiabre en Guillán, no 2006, o mesmo ano das inundacións.
03.07.2024. LUME propón unha mirada crítica e reflexiva arredor dun problema medioambiental que asola o noso país de maneira endémica: a destrución do monte galego e do seuecosistema. As súas causas, alegan os autores da mostra, son multifactoriais (sociais, políticas, económicas, administrativas e medioambientais), como tamén son múltiples os seus efectos. O seu eixe central: o prexuízo da vida e da memoria.
A través de fotografías tomadas longo de quince anos por profesionais da imaxe en Galicia, trázase unha narrativa común que apela ao espectador, amosándolle un imaxinario común dende unha óptica próxima e honesta, pero tamén sensible e reflexiva, xerando preguntas e pensamento ao redor das causas e das consecuencias.
Os autores son fotoperiodistas das principais cabeceiras galegas e nacionais: Vanessa Casteleiro, Óscar Corral, Agostiño Iglesias, Brais Lorenzo, Adra Pallón, Oscar Pinal, Paula Quiroga. En total son 13 paneis e cada fotografía se acompaña dun texto do fotógrafo no que se aportan as súas reflexións, ademais da localidade e data na que se fixo a fotografía.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -