_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
As estacións de carga de vehículos eléctricos nos mercados rexistraron máis dun centenar de usuarios no primeiro mes

As estacións de carga de vehículos eléctricos promovidas polo Concello dentro da súa estratexia de mellora dos mercados tradicionais acaban de cumprir o seu primeiro mes de funcionamento. Neste tempo, as dúas estacións -unha xunto á praza da Verdura en Vilagarcía e outra no parque de dona Concha, xunto ao mercado de Vilaxoán- rexistraron algo máis dun centenar de cargas, cunha clara diferencia entre unha e outra: se na Verdura houbo 86 usuarios, na de Vilaxoán tan só 27. Aínda así, o concello considera positivo ambos datos, tendo en conta que a iniciativa acaba de arrancar e que, polo de agora, aínda son poucos os usuarios de vehículos eléctricos.
04.04.2024. Precisamente para promover ese uso, durante os primeiros meses e probablemente en todo o que queda de ano, as estacións serán gratuítas, de xeito que calquera condutor poderá enchufar o seu vehículo sen que estea necesariamente vinculado a ningunha actividade relacionada coa praza nin que teña que aboar nada, sexa cal sexa o volume de carga; o único que terá que facer é darse de alta nunha app. No primeiro mes, os días de máis uso foron os luns e os venres; os que menos, os martes, que é cando se celebra o mercado.

Polo de agora, as estacións funcionan conectadas á rede xeral eléctrica, pero é unha medida provisional. A intención é que en pouco tempo se alimenten con placas fotovoltaicas. No caso da Verdura xa están instaladas e pendentes de que Naturgy autorice a súa conexión. No de Vilaxoán, está aprobado o proxecto das placas e en poucos meses a estación seguirá o modelo de Vilagarcía.

Tanto as estacións de carga como as instalacións das placas solares se enmarcan no obxectivo xeral do goberno municipal, esixido pola propia Unión Europea (cuxos fondos financian ambos proxectos), de favorecer unha economía baixa en carbono, reducindo a contaminación e coidando o medioambiente. En definitiva, de lograr unha cidade máis saudable e sostible.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -