_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
Comeza a apertura gradual dos areais da Concha-Compostela, cuxas obras entran na recta final

As obras de rexeneración das praias da Concha-Compostela avanzan a bo ritmo, de xeito que incluso poderían estarán rematadas antes do previsto. Así o puido comprobar hoxe o concelleiro de Medioambiente, Diego García, que se reuniu cos técnicos de Costas e Tragsa a pé de areal. A apertura gradual das praias comezou xa, coa retirada dos valados da zona da Concha máis próxima á peirao do Ramal e do piñeiral. Mentres, as obras avanzan en distintas zonas.
04.07.2024. Na contigua á que agora se está abrindo continúan as labores de rega con auga salgada, ata a altura da travesa cara á antiga Lantero. Dende aquí e ao longo do parque da Compostela e case ata o vello lavadoiro, os traballos repiten o esquema xa ensaiado na Concha, é dicir, retirada da capa superficial, na que se estendeu o molesto "cadillo", para ser soterrada en grandes gabias, que entón volven a ser recheas coa area que, retirada primeiro, logo é aireada. Finalmente, como no resto das etapas, será regada con auga salgada. Por este motivo, nestes días tamén será movido o xerador eléctrico e a bomba de auga que agora está na Concha. Deste xeito, a liberación do areal será gradual.

A razón pola que agora están valadas as distintas zonas de traballo, deixando so o pasais de acceso á zona de praia propiamente dita (a pegada ao mar), é por seguridade: as zonas de traballo son cada vez máis estreitas e é preciso acoutalas ben para evitar calquera tipo de risco onde están actuando máquinas de gran porte. Como queda dito, a medida que se vaia avanzando (retirada da capa superficial, nova extensión e nivelación da area, rega, etcétera), os valados irán retirándose sucesivamente ata chegar ao final. A día de hoxe calcúlase que o proxecto foi executado en máis de tres cuartas partes, de maneira que o final das obras poderían adiantarse á segunda metade de agosto, aínda que todo dependerá de que os traballos discorran con normalidade.

Como xa se informou, no proxecto está previsto que os operarios fagan batidas manuais para erradicar calquera resto de "cadillo". Isto é lóxico porque as máquinas non poden chegar a toda a superficie, por cuestións técnicas pero tamén de prudencia: sobre as beiras do paseo, as canalizacións ou as arquetas existentes no areal é onde poden quedar restos da molesta planta e aí é moi arriscado meter as máquinas, para evitar máis que posibles roturas. Por esa razón hai que facelo a man. Cando as obras rematen, farase unha nova e definitiva batida a pé.

No mesmo proxecto está previsto labores de mantemento anual, con regas de auga salgada para evitar que o "cadillo" volva rebrotar. Con todo, é preciso lembrar que se trata dun proxecto experimental en canto que se trata da primeira vez que Costas e Tragsa actúan deste xeito para atallar un problema como o descrito. A evolución dos areais nos vindeiros meses indicará se chega co realizado e previsto ou hai que adoptar algunha medida nova. En calquera caso, A Concha e A Compostela ofrecerán moi en breve unha imaxe que nada terá que ver coa dos últimos anos, como xa poden comprobar as moitas persoas que cada día utilizan a praia ou o paseo marítimo para os seus momentos de lecer.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -