_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
A fusión de flamenco, pop e ritmos actuais de Antonio Carmona encherá o parque da Xunqueira o 20 de agosto

Aos poucos vaise debullando a lista de concertos, todos gratuítos, das festas de San Roque 2024. Aos de Guadi Galego (mércores 14 de agosto) e Anni B. Sweet (domingo 18), agora únese o de Antonio Carmona o martes 20. Será ás 22:30 horas no parque da Xunqueira. Na xira 2024, que comezou en febreiro en Jerez de la Frontera, o compositor granadino está acompañado no escenario por algúns membros da súa familia, a dos Habichuela, con tan ampla traxectoria e transcendencia na música de España. No seu repertorio, ademais dos temas novos, Carmona fará repaso dalgúns dos grandes éxitos de Ketama, o grupo a que pertenceu e liderou durante case dúas décadas.
07.07.2024. Este ano, ao tempo que prepara un novo disco, Antonio volve sobre o escenario co seu espectáculo “Antonio Carmona en familia”, unha auténtica festa flamenca. Rodeado dos seus, ofrece un concerto único para todos os públicos onde o baile, a forza, o “duende” e a diversión están garantidos. Un espectáculo que mestura a forza e a pureza do flamenco coa diversidade dos ritmos latinos e a vangarda dos sons máis actuais. Gran compositor cunha voz única, percusionista excepcional e guitarrista, é un “mestre” do directo. E iso poderán comprobalo os vilagarciáns e visitantes o martes 20 de agosto, e con carácter gratuíto.

Ao longo de toda a súa carreira, Antonio Carmona colaborou cos artistas máis importantes do panorama musical nacional e internacional. Camarón da Isla, Paco de Lucía, Lenny Kravitz, Willie Nelson, Alejandro Sanz, Juanes, Nelly Furtado… son algúns dos artistas que traballaron con el. Entre as súas últimas colaboracións, cabe destacar a composición e interpretación do éxito mundial “Me maten” xunto a C. Tangana e de “Corazón gitano”, canción incluída en “Mendo”, álbum de Alex Cuba premiado como o mellor de pop latino nos Grammy 2022.



4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -