_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
O campo de fútbol Manuel Jiménez xa está de novo operativo tras un investimento de 269.000 euros

O campo de fútbol Manuel Jiménez, no complexo polideportivo de Fontecarmoa, xa está dispoñible de novo. O estadio conta xa coa homologación provisional da FIFA e polo tanto para competicións de fútbol, pero tamén de rugby, que era outro dos obxectivos que se buscaba. Nel investíronse 269.000 euros e conta cun céspede de última xeración. As obras remataron con case un mes de antelación respecto do previsto, de xeito que os diversos clubs que utilizan estas instalacións xa poderán desfrutar delas para a pretemporada.
11.07.2024. O alcalde destacou que o investimento no Manuel Jiménez súmase aos máis de tres millóns de euros que están en execución nestes momentos en recintos deportivos. “Sempre o dixemos: Vilagarcía se caracteriza por ter un gran número de nenos e nenas facendo deporte, ademais dos adultos, e iso require un esforzo moi importante en instalacións; unhas instalacións que serían a envexa non dos concellos da contorna senón das cidades de Galicia”, argumentou o alcalde.

Alberto Varela incidiu na importante labor de modernización das infraestruturas que está desenvolvendo o goberno local, como se pode comprobar nas obras do pavillón número 1 de Fontecarmoa, a piques de rematar, as melloras na piscina municipal previa á súa ampliación, tamén en trámite, ou a renovación do céspede de Berdón, actualmente en licitación. “Con esta última, teremos renovados todos os campos de herba artificial do concello, que non son poucos, nestes últimos anos”, signo evidente, dixo, do compromiso do goberno que preside co deporte local. E neste sentido, Alberto Varela, subliñou a labor que vén desenvolvendo a Fundación de Deportes e o seu presidente, Carlos Coira, e igualmente a colaboración e coordinación cos clubs.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -