_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
A confraría convoca un concurso de fotografía para enxalzar a Ameixa do Carril e a vida arredor dela

A Confraría Santiago Apóstol do Carril vén de convocar o primeiro concurso de fotografía “Ameixa do Carril”, aberto a profesionais e afeccionados e coa intención de poñer en valor e difundir a beleza do entorno natural e a vida diaria do pobo do Carril arredor este bivalvo de fama internacional. O límite máximo de presentar os orixinais –non se aceptaran aqueles que xa participaron noutros concursos ou xa foran publicados- é o día 5 de agosto, ás 23:59 horas.
13.07.2024. Segundo as bases, haberá tres premios: o primeiro, de 200 euros e unha caixa de conservas de Los Peperetes. O segundo, de 100 e unha caixa de produtos da mesma conserveira; e o terceiro, outro lote de Los Peperetes. Os gañadores daranse a coñecer coincidindo coa 39 edición da Festa da Ameixa, prevista para o domingo 11 de agosto.

O xurado encargado de seleccionar as obras gañadoras estará formado por varios fotógrafos, unha persoa do ámbito cultural e outras relacionadas coa Confraría de Pescadores Santiago Apóstol.

Poderán presentarse fotografías (un máximo de dúas) en cor ou branco e negro, cunha resolución mínima de 300 ppp, e en formato jpg. Deberán enviarse ao correo concursoameixacarril@gmail.com . O asunto do correo será “Concurso Ameixa de Carril” e no corpo se indicará o nome completo do participante, idade, correo electrónico e teléfono. As fotografías non poderán levar ningunha marca de auga, símbolo ou logo que permita identificar á persoa autora.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -