_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
ECONOMÍA
PSOE e BNG asinan o acordo que permitirá ao concello dotarse dun presuposto de 39 millóns para o 2024

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e o portavoz do BNG, Xabier Rodríguez, asinaron hoxe un acordo que garante a aprobación no pleno do presuposto para 2024, por un importe que, por vez primeira, acada os 39 millóns de euros. Ambas formacións, PSOE e BNG, pactan así solicitar un préstamo de algo máis de catro millóns de euros, dos cales dous serán para financiar as obras de ampliación da piscina. O Bloque contará con representación na Autoridade Portuaria e un cargo de confianza, como xa ten o grupo maioritario da oposición, o Partido Popular.
15.07.2024. No protocolario acto de hoxe, no salón nobre do Concello, Varela e Rodríguez estiveron acompañados das concelleiras de Facenda, Luz Abalo, de Igualdade e portavoz do goberno, Tania García, e da segunda edil nacionalista, Rosa Abuín. O voceiro do Bloque destacou que o acordo asinado é froito das numerosas conversas mantidas ata agora e das diversas propostas que foron presentando nos debates plenarios. Tamén da necesidade de garantir o benestar e os mellores servizos á cidadanía.

En canto á súa presenza no consello de administración da Autoridade Portuaria, Xabier Rodríguez aclarou que a súa petición non ten que ver con acadar máis representatividade porque si, a xeito de “figura decorativa”, senón para facer valer os dereitos e necesidades da veciñanza de Vilagarcía nunha institución que moitas veces parece camiñar por sendas distintas aos do concello. “Queremos ser a voz discordante, non nos move outra necesidade”, dixo Rodríguez. Neste sentido, o alcalde engadiu que o PSOE, que cederá o posto do edil Lino Mouriño ao BNG, non se queda sen representación no Porto, posto que un dos vocais é do propio Goberno do Estado, nomeado polos socialistas.

En canto ás grandes cifras do Orzamento, Varela Paz volveu a incidir –como xa o fixo o venres, na presentación do proxecto- en que son as que Vilagarcía, unha cidade dinámica e en crecemento, necesita. Por iso, subliñou, son uns presupostos “expansivos”, con aumentos significativos nas partidas de atención social, educación ou cultura, ademais das infraestruturas, tanto nas zonas urbanas como rurais. O alcalde explicou que co crédito que se vai solicitar, a débeda seguirá estando “moi por debaixo” da que se atoparon cando o PP deixou o goberno, entón de 12 millóns de euros. “Cando acabemos este mandato estará incluso por debaixo da metade”, recalcou, para engadir que a saúde económica do concello é moi boa, o que permite recorrer ao crédito cumprindo con todas as esixencias do Ministerio de Facenda.

O debate do presuposto está previsto para o mércores 24, coincidindo con pleno ordinario de xullo; unha sesión que se adianta un día sobre o previsto inicialmente –o último xoves de cada mes- ao ser 25 día festivo en Galicia.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -