_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
A película “Barbie” abre este martes o ciclo “Fantasio na rúa”, que levará o cine a barrios e parroquias

A exitosa película “Barbie”, dirixida pola británica Greta Gerwig, abre este martes, ás 22:00 horas, o ciclo “Fantasio na rúa” que, durante un mes e con catorce cintas, levará o cine a todos os cascos urbanos, pero tamén aos barrios e parroquias e sempre o a aire libre. A xira comeza na noite de mañá nos xardíns de Ravella e concluirá o 14 de agosto, en plenas festas de San Roque, con “Pinocho”, de Guillermo del Toro, en Cea.
15.07.2024. “Barbie” é unha comedia familiar de aventuras baseada nunha das bonecas máis famosas da historia. Cun fondo de reivindicación feminista, a película contapón a vida de fantasía fronte á vida real. Barbie (Margot Robbie) leva unha existencia ideal en Barbieland, onde todo é perfecto, ata que comeza a facerse preguntas, ás veces incómodas, sobre a súa idílica subsistencia. Apoiada no seu inseparable amigo Ken (Ryan Gosling), descubrirá como é o mundo en realidade, algo que o conselleiro delegado de Mattel (Will Ferrell) non lle gustará especialmente, que fará todo o que estea na súa man para que Barbie regrese a Barbieland.

Dende a súa estrea, a finais de 2023, “Barbie” acadou numerosos premios nos máis diversos aspectos, dende mellor película do ano ao guión, actores e fundamentalmente pola súa banda sonora.

Como no resto do ciclo, as proxeccións de “Fantasio na rúa” son gratuítas, sobre unha pantalla led, que permitirá que na maioría dos casos se poidan exhibir a partir das oito e media da tarde, como continuación a unha probable xornada de praia ou outro tipo de ocio.

A xira de “Fantasio na rúa” continuará o mércores no parque Aquilino Iglesias, nos Duráns, coa proxección de “O monstro mariño”, a historia dunha nena intrépida e un famoso cazador de monstros mariños que unen as súas forzas para atopar unha poderosa besta.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -