_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
NOVAS TECNOLOXÍAS
O Concello renova os sistemas informáticos do seu Centro de Procesamento de Datos

O Concello de Vilagarcía ven de executar un importante proxecto de actualización das súas infraestruturas dixitais. A actuación consistiu na renovación do Centro de Proceso de Datos municipal, o que permitiu modernizar e mellorar o funcionamento de todos os sistemas informáticos que o integran e, con isto, optimizar o funcionamento, as xestións e o traballo da administración local. A iniciativa desenvolveuse a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado con fondos europeos do programa Next Generation.
16.07.2024.- Promovido dende o servizo municipal de Informática, o proxecto de Renovación do C.P.D. do Concello de Vilagarcía de Arousa executouse no marco da liña de Transformación dixital e modernización das administracións das entidades locais, e requiriu un investimento de 260.082,59 euros (impostos incluídos).

O contrato, que incluía o subministro e a instalación dos equipamentos informáticos, adxudicouse á firma Ozona Tecnologías de la Información S.L. por importe de 244.369,67 euros.

A actuación consistiu na substitución dos cinco sistemas principais que compoñen o C.P.D. do Concello co obxectivo de combater a obsolescencia tecnolóxica actuando tanto a nivel físico (hardware) como lóxico (software). Conforme a isto, procedeuse á renovación dos sistemas de seguridade perimetral e de almacenamento. Tamén se actualizaron e melloraron os sistemas de procesamento e de copias de seguridade. E, por último, renováronse as licencias de softwarwe.

Con todas estas medidas conseguiuse, entre outras melloras, fortalecer a seguridade dixital, aumentar a capacidade de almacenamento e a velocidade de procesamento da información que manexa o Concello. Estes aspectos optimizan o funcionamento dos servizos que presta a administración, polo que, ademais de facilitar e axilizar o traballo a nivel interno, tamén inciden no servizo que se presta á cidadanía.

A renovación do C.P.D. é unha máis das medidas impulsadas polo goberno local de Vilagarcía para avanzar na dixitalización da administración local e adaptala aos requirimentos e necesidades do século XXI. Anteriormente xa se renovara o sistema de xestión tributaria, recadación e inspección coa implantación da plataforma EDITRAM, actuación na que en 2019 se investiron 399.300 euros, que tamén se financiaron con fondos europeos, en concreto cos concedidos ao proxecto “Vilagarcía Avanza” a través da EDUSI.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Oct 2024  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
     
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -