_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
A Carreira Nocturna Concello de Vilagarcía quenta motores para celebrar a súa vixésima edición o 27 de xullo

A Fundación Municipal de Deportes xa ten todo listo para a celebración da Carreira Nocturna Concello de Vilagarcía, o evento deportivo de verán que se celebra tradicionalmente a última fin de semana do mes de xullo. A proba, que este ano chega a súa vixésima edición, terá lugar o sábado 27 de xullo. Os interesados poden anotarse a través da web http://www.champinchipnoprte , ata as 23.59 horas do día 23 de xullo. A participación na proba absoluta limítase a 350 persoas, respectando a orde de inscrición.
17.07.2024.- A Carreira Nocturna de Vilagarcía é un evento aberto a de corredores de todas as idades. Para facilitar o desenvolvemento da mesma e que todas as persoas poidan gozar da súa participación, estableceranse distancias acordes ás idades dos participantes, con percorridos que van desde os 100 metros que deberán cubrir os menores de 6 anos, ata os 10 quilómetros para os maiores de 16. Ademais, as saídas realizaranse de forma graduada a partir das 21.00 horas, comezando polos máis cativos, e ata as 22.30, cando se dará o pistoletazo de saída na proba absoluta para os maiores de 18 anos.

O punto de partida de todas as carreiras estará na Avenida da Mariña, á altura da Praza da II República, e o percorrido da proba dos 10.000 metros discorrerá por un circuíto habilitado pola avenida da Mariña, Rivero de Aguilar, Valle Inclán, a rúa García de Caamaño, Alexandre Bóveda e Elipidio Villaverde para regresar á avenida da Mariña

Os horarios e distancias establecidas para esta vixésima edición son:

CATEGORIA ANO DISTANCIA SAÍDA
Sub 6 2019 e posteriores 100 metros 21:00 h.
Sub 8 2017 – 2018 500 metros 21:15 h.
Sub 10 2015 – 2016 500 metros 21:15 h.
Sub 12 2013 – 2014 1.000 metros 21:30 h.
Sub 14 2011 – 2012 1.000 metros 21:45 h.
Sub 16 2009 – 2010 1.800 metros 22:00 h.
Sub 18 2007 – 2008 10.000 metros 22:30 h.
Sub 20 2005 – 2006 10.000 metros 22:30 h.
Sub 23 2004, 2003 e 2002 10.000 metros 22:30 h.
Sénior 2001 – 1988 10.000 metros 22:30 h.
Máster A 1987 – 1980 10.000 metros 22:30 h.
Máster B 1979 – 1970 10.000 metros 22:30 h.
Míster C 1969 e anteriores 10.000 metros 22:30 h.

Cota de inscrición

A participación das categorías inferiores (sub 6, sub 8, sub 10, sub 12, sub 14 e sub 16) é gratuíta. A proba absoluta ten unha cota de inscrición de 5 euros, máis 1 euro polo aluguer do chip. Ademais, os participantes de 18 anos en diante deberán abonar 5 euros en concepto dunha fianza que se lles reintegrará á semana seguinte da carreira, unha vez procesados os chips devoltos.
 
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -