_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
Os xigantes e cabezudos de Carril estrean vestiario e engaden dúas incorporacións ao equipo

Ante un bo número de veciños e coa representación das forzas vivas da localidade, a Praza da Liberdade acolleu este mediodía a presentación da nova e flamante escuadra de xigantes e cabezudos de Carril. Tras unha acción promovida polas comisións de festas de Santiago Apóstolo e San Fidel, e coa colaboración de institucións públicas e entidades privadas, os cabezudos puideron estrear vestiario e incorporar dúas novas figuras: a do cura Manuel Cotelo, e a da Bígara, unha nena con síndrome de Down que actualiza a tradición popular aportando diversidade e dando exemplo de integración das persoas con necesidades especiais.
17.07.2024.- O Concello de Vilagarcía, a través da súa Concellería de Cultura, contribuíu nesta acción financiando a renovación da roupa dos cabezudos do garda municipal ou Enaniño das Uvas e da súa muller Maruxa, dentro das accións de apoio á cultura e ás tradicións populares do municipio. A Confraría de Pescadores, a empresa Calefacciones Villar, a familia Sánchez-Alonso, Tati e Juan Carlos Platis foron outros dos colaboradores.

O alcalde, Alberto Varela, agradeceu a todos eles o interese demostrado por manter viva esta antiga tradición que forma parte da cultura popular e das festas de Carril, así como por modernizala incluíndo personaxes que reflicten a sociedade actual e diversa na que vivimos e dean exemplo de valores como a integración, “especialmente as das persoas que teñen necesidades especiais, pero tamén capacidade excepcionais”, comentou dirixíndose a Ainoa, unha nena con síndrome de Down, e aos seus pais, José María Sánchez Búa e Luz Alonso, que foron os que encargaron a Juan Carlos Platis a confección do cabezudo da Bígara e o doaron ao pobo.

Tamén recibiu os parabéns dos organizadores, Tati, artífice da recuperación da figura do cura Manuel Cotelos, e todos os presentes se sumaron ao recoñecemento xeral a Manuel Bóveda “Papito” ao que a Confraría de Pescadores agasallou cunha dorna de cerámica. O pai de Bóveda foi quen creou os xigantes e cabezudos orixinais sendo el neno. E o propio Papito, décadas despois, encargouse de facer o de Maruxa, así como de conservar todos os bonecos ao longo do tempo, contribuíndo a manter viva a tradición dos xigantes e cabezudos de Carril, sempre presentes nas súas festas.

Como colofón ao acto festivo desta mañá, os oito xigantes e cabezudos botaron un baile na Praza da Liberdade lucindo as súas mellores galas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -