_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
Cultura abre o prazo de solicitude para a instalación de postos e atraccións nas festas de San Roque

A Concellería de Cultura abre mañá o prazo de solicitude para a instalación de postos de venta e atraccións durante as festas de San Roque 2024. As persoas interesados deberán realizar o trámite entre o día 19 de xullo e o 2 de agosto a través da sede electrónica (sede.vilagarcia.gal), cubrindo os formularios que se poden atopar aí mesmo ou no taboleiro da web http://www.vilagarcia.gal , e presentándoos xunto coa documentación que se indica nos mesmos.
18.07.2024.- Como xa é habitual dende hai anos, as atraccións de feira emprazaranse na TIR, segundo a distribución que se estableza dende o Concello. E os postos de venta de roupa, bixutería, complementos, alimentos e demais distribuiranse polos corredores do Parque Miguel Hernández. As atraccións e os postos poderán comezar a instalarse o luns 12 de maio e deberán estar en funcionamento do 14 ao 25 de agosto, ambos incluídos.

Rematadas as festas, o desmontado das instalacións e desaloxo dos espazos públicos.
Deberá realizarase entre o luns 26 e o mércores 28 de agosto.

Como acontece dende o ano pasado ano, as atraccións están obrigadas a funcionar en silencio unha hora ao día (de 19 a 20 horas) para favorecer o seu uso por parte de persoas con diversidade funcional.

Entre a documentación requirida, a maiores da común para todos os solicitantes, a máis extensa refírese ás atraccións de feira, que teñen que acreditar os boletíns eléctricos, os certificados de revisión de extintores, a inspección técnica anual da atracción visada polo colexio oficial correspondente e a póliza do seguro de responsabilidade civil cunha cobertura mínima de 600.000 euros. No caso dos postos de venta, a póliza obrigatoria debe ter un importe mínimo de 150.000 euros.

Para máis información, os interesados pódense dirixirse por correo electrónico ao departamento de Cultura ( cultura@vilagarcia.gal ).


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -