_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
Un tributo a Luciano Pavarotti e a Montserrat Caballé súmase ao cartel de concertos das festas de San Roque

O cartel dos concertos gratuítos das festas de San Roque 2024 inclúe unha gala lírica que renderá homenaxe a dúas das máis grandes figuras da ópera mundial de todos os tempos: Luciano Pavarotti e Monserrat Caballé. A velada que protagonizarán a sobriña do tenor italiano e a filla da soprano española celebrarse o luns, 19 de agosto, ás 22.30 horas no parque da Xunqueira. Neste mesmo escenario, e tamén con entrada de balde, actuarán durante as festas patronais de Vilagarcía Guadi Galego (14 de agosto), Café Quijano (17), Anni B Sweet (18) e Antonio Carmona (20).
18.07.2024.- “Querida Montserrat, Querido Luciano” é o título do concerto tributo no que actuarán Montserrat Martí Caballé e Simona Todaro-Pavarotti, xunto con Luis Santana e a vilagarciá Dolores Crespo como artistas convidados. O acompañamento ao piano correrá da man de Víctor Carbajo.

Será un recital no que se interpretarán pezas de ópera e zarzuela cantadas en numerosas ocasións polos artistas cuxas voces resoaron nos mellores teatros do mundo, dende Sídney ata Roma, dende París a Nova York. Dous grandes da ópera que foron un verdadeiro orgullo para Italia e España, dous países unidos como unidos estaban Montserrat Caballé e Luciano Pavarotti polo cordón umbilical do canto.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -