_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
O campo municipal de Berdón estreará céspede artificial no mes de setembro

A Xunta Local de Goberno adxudicou o luns a renovación do céspede artificial do campo municipal de Berdón á empresa Mondo, a mesma que vén de rematar un proxecto similar no Manuel Jiménez reducindo o prazo de execución en dúas semanas. A obra adxudicouse por importe de 163.063 euros e está previsto que comece a mediados do mes de agosto (antes si fora posible), tan pronto como se reciba o material xa solicitado para a actuación.
18.07.2024.- Dado que o prazo de execución é de 6 semanas, a previsión é que a obra estea rematada, como moi tarde, a finais de setembro, posto que a empresa comprometeuse a axilizar ao máximo os traballos para tratar de acurtar o proceso, como xa fixeron no Manuel Jiménez aproveitando as boas condicións meteorolóxicas.

En calquera caso, a Fundación de Deportes xa se puxo en contacto cos clubs usuarios do campo de Berdón, actualmente en período de vacacións, para coñecer as súas necesidades e ofrecerlles instalacións alternativas para os adestramentos da pretemporada. Malia esta pequena alteración, os clubs residentes atópanse moi satisfeitos coa actuación promovida polo Concello xa que a renovación da herba artificial era moi necesaria debido á antigüidade e ao deterioro da actual (hai 14 anos que se instalou) e foi unhas das medidas que eles mesmos solicitaran ao goberno local.

Ademais de substituír o tepe actual por outro de última xeración, os traballos incluirán o marcado do campo para a práctica de fútbol 11 e fútbol 8. A intervención afectará a todo o terreo de xogo (que suma unha superficie de 102 metros de largo por 64 de ancho). O proxecto inclúe o acondicionamento da explanada, un paso moi importante para garantir que o terreo de xogo quede en perfectas condicións. Para isto comprobaranse as pendentes e, de ser necesario, nivelaranse as zonas que presenten irregularidades ou depresións. Tamén se revisará a rede de sumidoiros e se limparán e reporán as canalizacións.

Ademais, a explanada na que se asenta a infraestrutura deportiva adecuarase de xeito que teña resistencia suficiente para soportar, sen deformarse, o paso da maquinaria de obra e do mantemento do terreo de xogo.

A actuación completarase co estendido no novo céspede artificial, con materiais de última xeración , a recolocación dos equipamentos e o marcado do terreo de xogo con liñas de diferente cor para marcar o campo para a práctica de fútbol 11 e rugby. A maiores, sinalizaranse dúas canchas para fútbol 7.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2024  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -