_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello reserva 60.000 euros dos orzamentos para colaborar na ampliación do cemiterio parroquial de Rubiáns

O Concello de Vilagarcía colaborará economicamente na obra da ampliación do cemiterio parroquial de Rubiáns mediante a achega dos 60.000 euros reservados nos Orzamentos Municipais que se presentan ao Pleno o vindeiro mércores. A medida responde ao compromiso adquirido polo goberno local coa Comunidade de Montes de Rubiáns, promotora do proxecto no que participan tamén veciños da parroquia a título particular. A axuda municipal destinarase á fase inicial das obras, consistente en urbanizar a parcela anexa ao camposanto parroquial, preparar os terreos e construír os servizos básicos e obrigatorios dos que carece o actual cemiterio.
19.07.2024.- A ampliación do camposanto é un proxecto que a veciñanza de Rubiáns vén demandando de hai anos debido á carencia de prazas de enterramento nas actuais infraestruturas dependentes da Igrexa. Para resolver o problema, a Comunidade de Montes púxose ao fronte da iniciativa adquirindo os terreos anexos ao camposanto e asumindo o custe da redacción do proxecto de execución e a construción e parte do peche. Só nestas dúas últimas actuacións investiron uns 30.000 euros procedentes dos beneficios do exercicio de 2015. Ademais asinaron un convenio de colaboración co Arcebispado xa que a actuación permitirá ao camposanto da Igrexa resolver a eiva que supón a falta de certos servizos.

A parcela para a ampliación ten unha superficie de 1.795 metros cadrados e a capacidade de enterramento prevista no proxecto concrétase en 528 nichos e 352 columbarios

Ao implicar á Comunidade de Montes, a veciños particulares e ao Arcebispado, para materializar a axuda económica do Concello deberá buscarse a figura xurídica precisa que englobe a todos os implicados no proxecto. A subvención farase efectiva unha vez se resolva este punto e tan pronto como se aproben e entren en vigor os orzamentos municipais.

A colaboración do Concello neste proxecto non se limita a estes 60.000 euros, xa que hai uns meses que a Concellería de Obras e servizos levou a cabo unha obra de ampliación da rede de saneamento co obxectivo de estender o servizo dende a rúa Ensino ata os lindes da parcela. A actuación consistiu na instalación de 150 metros de nova canalización, a conexión co colector xeral, a construción de pozos de rexistro e a reposición do firme afectado. Esta intervención fíxose tamén tras as conversas mantidas cos responsables da Comunidade de Montes a efectos de ter os servizos básicos listos para cando fora a comezar a obra no camposanto.

A colaboración do Concello na ampliación do cemiterio de Rubiáns é unha das numerosas demandas veciñais que o goberno local inclúe nos orzamentos municipais en resposta aos compromisos adquiridos con distintos colectivos do municipio.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -