_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
Mocidade de Vilaxoán e Concello organizan unha xornada de voluntariado para limpar a praia do Castelete

A conciencia social e medioambiental da mocidade de Vilaxoán ven de propiciar a posta en marcha dunha acción de voluntariado para limpar a praia do Castelete. Un colectivo de mozas e mozas da localidade mariñeira, en colaboración co Concello de Vilagarcía, organizan a próxima semana dúas xornadas destinadas a mellorar o estado do areal mediante a retirada dos numerosos entullos que aínda se poden encontrar nel debido a que hai anos o lugar era utilizado para verter restos de obras. Os organizadores fan un chamamento á poboación para que participe na iniciativa solidaria.
19.07.2024.- A acción desenvolverase o martes 23 e o mércores 24 de xullo pola mañá, aproveitando as mareas vivas desas datas. As tarefas de limpeza realizaranse de 10 a 13.30 horas, durante o período de seca co obxectivo de poder abarcar a maior extensión posible de areal e retirar a maior cantidade de entullos.

O Concello de Vilagarcía colaborara na iniciativa dispoñendo unha brigada de 12 operarios de distintos servizos municipais que se sumarán aos mozas e mozos de Vilaxoán e a todas as persoas que acudan á convocatoria. A administración local tamén porá os medios necesarios para recoller e retirar o lixo do Castelete, areal habilitado dende hai uns anos como praia canina.

Precisamente, cando se acondicionou o areal como zona de recreo e baño con cans, o Concello xa retirara unha grande cantidade de entullos. Malia todo, o movemento da area e a erosión causada polas mareas segue a deixar restos ao descuberto afeando a praia e xerando incomodidade para o seu uso por parte de persoas e animais. A acción de voluntariado que se leva a cabo a semana que vén pretende mellorar esta situación mediante a colaboración cidadá e do Concello.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2024  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -