_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
O Concello contratará a cinco traballadores para formar a brigada contra incendios forestais

Vilagarcía volverá a contar este verán cunha brigada de prevención de incendios forestais a través do convenio de colaboración asinado entre o Concello e a Consellería de Medio Rural. A brigada estará composta por cinco traballadores, que serán contratados durante tres meses para desenvolver as tarefas de prevención e extinción lumes nos montes do municipio. A selección do persoal levarase a cabo o día 24 de xullo no Auditorio Municipal.
20.07.2024.- Os postos convocados polo Concello correspóndense con un xefe/a de brigada (grupo C1), un condutor/a (AP) e tres peóns (AP). Os requisitos que deben cumprir os aspirantes están recollidos nas bases da convocatoria, onde tamén figuran o tipo de probas ás que deberán someterse na selección, que se fará mediante o procedemento de concurso-oposición libre, valorándose tanto os méritos como o resultado das probas a realizar. As bases pódense consultar no taboleiro de anuncios do Concello, no da web http://www.vilagarcia.gal e na sede electrónica (sede.vilagarcia.gal) no apartado de Recursos Humanos e, dentro deste, no de Procesos Selectivos.

As persoas interesadas en participar na convocatoria deben presentarse o día 24 de xullo no Auditorio (na avenida da Mariña) ás 9.00 da mañá levando o DNI e un currículo vitae debidamente xustificado con documentos orixinais. Tamén deberán levar roupa deportiva apta para realizar as probas físicas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2024  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -