_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
COMERCIO E INDUSTRIA
Adxudicadas as obras para potenciar a economía circular na Praza da Verdura

A mellora e modernización das prazas de abastos de Vilagarcía continuará de contado cos traballos que vén de contratar o Concello para potenciar a economía circular e fomentar a alimentación e hábitos saudables nos mercados públicos municipais. Con esta finalidade, a Xunta de Goberno adxudicou o pasado luns á firma Revcom Energías Renovables o acondicionamento do pavillón da verdura por importe de 169.466 euros (impostos incluídos). A actuación finánciase cos fondos europeos Next Generation no marco do proxecto de Mellora, Revitalización e Resiliencia dos Mercados Tradicionais e das Zonas Comerciais Urbanas do programa Vilagarcía Viva.
20.07.2024.- Os traballos que comezarán nos vindeiros días suporán o inicio dunha intervención máis ampla que se irá completando con fases posteriores. Nesta primeira, a intervención centrándose en resolver os problemas e carencias máis urxentes que presenta o edificio, tanto no interior como no exterior, aproveitando para acondicionar as instalacións coa finalidade de mellorar a visualización dos produtos da horta que se venden nas instalacións e optimizar as condicións de exposición con sistemas axeitados de iluminación.

O proxecto promovido pola Concellería de Promoción Económica dirixida por Álvaro Carou redactouno o arquitecto Alberto Redondo, autor tamén da aplaudida reforma da nova Biblioteca Municipal. A proposta para a Praza dea Verdura prevé a rehabilitación dos aseos públicos, incluíndo a renovación de todas as instalacións e a construción dun aseo adaptado á normativa de accesibilidade. Co obxecto de gañar luminosidade no interior do edificio e de que a actividade poida visualizarse dende o exterior, abriranse novos ocos na fachada que permitan a entrada de luz natural. Para incidir neste efecto de luminosidade no interior tamén se pintarán os paneis do teito da estrutura vista da cuberta.

As obras inclúen a substitución da instalación de evacuación das augas pluviais da cuberta por unha nova situada na parte externa que evite a entrada de auga ao interior do edificio. O aleiro exterior que bordea as fachadas substituirase debido ao mal estado de conservación que presenta e que é a causa de filtracións. Ademais, repararanse e rehabilitaranse as fachadas, que se limparán e pintarán como paso final desta primeira intervención. Por último, substituiranse as portas do edificio.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -