_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
A Festa da Ameixa volve á orixe, sen “Capítulo”, máis enxebre e con xapónica en substitución da “desaparecida” babosa

A Festa da Ameixa do Carril volve á orixe, é dicir, co espírito dos anos 90 do século pasado, cando naceu. O principal será a degustación do bivalvo, desta volta de xapónica en substitución da babosa, que tralas duras condicións meteorolóxicas do outono e o inverno “practicamente desapareceu” non só no Carril, senón en toda a Ría, segundo advertiu o patrón maior, Javier Quintáns. A gran cita será o domingo 11 de agosto. O sábado anterior xa se venderán “tickets” para evitar aglomeracións ao día seguinte.
20.07.2024. Volver a orixe significa que haberá unha primeira gran novidade: non haberá sesión pública da Orde da Ameixa e polo tanto tampouco o acto no que o Capítulo outorgaba os seus premios, algúns moi discutidos, como o do ano pasado á empresa que pretende explotar a mina de Touro e que foi o detonante da ruptura entre a Confraría, que organiza a Festa, e a agrupación de parquistas, que controla a Orde e o Capítulo.

Polo demais, a festa manterá o seu esquema habitual, aínda que pasa ao domingo anterior a San Roque, rompendo así coa tendencia dos últimos anos, nos que se facía despois. Ás 12:00 horas do domingo 11 será a lectura do pregón, polos televisivos Mozos de Arousa. A esa mesma hora abriranse os postos de degustación da ameixa. Tralo discurso de apertura, entregaranse os premios ao novidoso de concurso de fotografía e tamén os recoñecementos a persoas e entidades que se distinguen na produción ou difusión da ameixa do Carril.

Os prezos mantéñense con respecto ás edicións anteriores. Neste sentido, Javier Quintáns resaltou que a confraría entende que a festa é “unha promoción” e polo tanto non consiste en “apretar” a ninguén, senón a difundir un marisco e unha localización que son únicos. A ración, con prato conmemorativo de barro, terá un custe de 12 euros.

O apartado musical terá tamén marcado aceno local. Por unha banda, ás 12:30 actuará o compositor e gaiteiro do Carril Christian Silva. Despois, a partir das 15:00 subirán ao escenario Pablo Balseiro and The Verbenian Orquestra. Durante toda a xornada animarán as rúas os grupos de gaitas Os Xirifeiros e Brisas do Ulla.

As billeteiras abrirán, como vén sendo tradicional, a partir das 11:00 horas, pero este ano preténdese instalar un posto de venda de tickets o día anterior, sábado, no centro de Vilagarcía, medida coa que se pretende axilizar o acceso ao recinto ao día seguinte, diminuíndo así as ringleiras que adoitan producirse especialmente antes do inicio da festa.

O acto de presentación tivo como escenario o vello porto do Carril, con vistas á illa de Cortegada. Nel, o alcalde, Alberto Varela, reafirmou o seu compromiso de apoio á Confraría e á Festa da Ameixa, en cuxa organización son parte fundamental diversos servizos do concello. Varela celebrou a volta á orixe e convidou a todo o mundo a acudir ao Carril a un acto lúdico e gastronómico que vén a constituír o gran arranque das festas patronais de Vilagarcía de Arousa, declaradas de interese turístico nacional.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -