_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
A ampliación das redes de abastecemento e saneamento no Camiño da Regueira despega coa adxudicación da obra

Os veciños do último tramo do Camiño da Regueira poderán ter acceso aos servizos básicos municipais en moi curto prazo de tempo grazas á nova actuación que vén de poñer en marcha o Concello de Vilagarcía coa adxudicación do proxecto de Ampliación das redes de abastecemento e de saneamento na carreira situada en Fontecarmoa. O contrato será executado pola empresa Construcciones Obras y Viales (Covsa) por importe de 74.896 euros (IVE incluído) e financiarase a través do plan provincial Máis Provincia. O prazo de execución é de dous meses.

22.07.2024.- O proxecto promovido pola Concellería de Servizos e Medio Rural ten como obxectivo estender as infraestruturas dos servizos básicos ás vivendas máis afastadas e de nova construción. Os traballos consistirán na instalación dun colector principal da rede de saneamento e os seus correspondentes ramais, pozos e arquetas para acometidas. De igual xeito, instalarase a rede de abastecemento de auga potable e as arquetas de acometida nos límites das propiedades. A actuación completarase coa pavimentación dos 220 metros de lonxitude do tramo do camiño afectado polas obras cunha capa de rodadura de seis centímetros de espesor.

A mellora do saneamento e a ampliación dos servizos básicos ás novas zonas do rural nas que se van construíndo vivendas, especialmente nos lugares máis afastados ou complicados debido a súa orografía, é unha das prioridades do goberno de Alberto Varela dende o seu primeiro mandato. Ao cabo do ano realízanse varias actuacións desta índole, tratando de atender tanto vellas demandas como as novas necesidades que van xurdindo polo crecemento urbanístico ou polo desgaste das redes.

A obra do Camiño da Regueira é unha máis das numerosas actuacións executadas, a última é máis recente -que está previsto rematar en cuestión de días-, a da mellora da rede de pluviais na rúa Campanario (Bamio). Pero tamén nos últimos tempos se teñen executadas obras de ampliación e renovación do saneamento en zonas como A Galufa e rúa Rianxeiro (Cornazo), rúa Quinteiro e rúa Castro (Trabanca Sardiñeira), Carballido (Cea), rúas A Pica e Veiga do Mar (Vilaxoán), Pedramogueira, ou na rúa Castiñeiro (As Bocas), entre outras.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -