_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
Bamio reivindica cunha romaría popular o coidado paisaxístico e medioambiental dos Lombos do Ulla

A Asociación Cultural Galicia Fermosa promove a 1ª Romaría “Lombos da Ulla”, unha iniciativa lúdica e reivindicativa que se desenvolverá o sábado 27 de xullo na privilexiada contorna da praia do Campanario, en Bamio. Unha festa popular aberta á participación de todo o mundo e que, con música e alegría, nace co obxectivo de poñer en valor Bamio, concienciar contras as agresións medioambientais que sofren os Lombos do Ulla e reivindicar a protección e coidado deste fermoso e produtivo paraxe. A celebración conta coa colaboración das Mulleres Rurais de Bamio e do Concello de Vilagarcía.
22.07.2024.- A presentación da romaría levouse a cabo esta mañá no consistorio coa presenza dos representantes da organización que a impulsan, e cantando, coa alegría que queren que transmita a festa. A concelleira de Cultura, Sonia Outón, destacou que se trate dunha proposta que xurde da propia veciñanza “porque é moi importante que a cultura a impulsen os propios veciños, e non sexan simples espectadores dela”. E tamén aplaudiu que a cultura e a festa sirvan como actos reivindicativos, “porque tamén se pode reivindicar con alegría”.

A romaría comezará a mediodía e contará coa actuación de varios grupos de música tradicional e tamén moderna, a maioría de Bamio, pero tamén da outra beira do Ulla. Son A Queimada (de Leiro), Mar de Arousa, Aires do Río Vello, Deby Silva, o dúo de Clara Pino&Pablo Vidal, a banda liderada por Josito Porto, Factoría de Subsistencia e o grupo vocal Galicia Fermosa. Os organizadores prometen algunha que outra sorpresa como a interpretación musical dun poema composto para a ocasión por Alberto Avendaño.

A romaría celebrarase a antiga usando. Os participantes levarán o xantar da casa e almorzarán ao aire libre na praia do Campanario, compartindo música, bailes e diversión.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -