_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
A Carreira Nocturna Concello de Vilagarcía cumpre 20 anos cunha edición con 375 participantes

375 corredores tomarán parte este sábado, 27 de xullo, na vixésima edición da Carreira Nocturna Concello de Vilagarcía. A tradicional proba de verán organizada pola Fundación Municipal de Deportes, contará con participantes de todas as idades repartidos nas respectivas categorías e que correrán traxectos adaptados aos seus anos. Na proba absoluta están inscritas 233 persoas que deberán cubrir unha distancia de 10 quilómetros.
23.07.2024.- A liña de meta estará situada, como de costume, na avenida da Mariña, á altura da Praza da II República, onde se instalarán as casetas para as recollidas dos dorsais. As saídas realizaranse de forma graduada a partir das 21.00 horas, comezando polos máis cativos, e ata as 22.30, cando se dará o pistoletazo de saída na proba absoluta. As distancias van desde os 100 metros que deberán cubrir os menores de 6 anos, ata os 10 quilómetros da proba absoluta (para maiores de 16 anos). Os sub10 correrán 500 metros, os sub14, 1.000 e os sub16, 1.800 metros. Na proba absoluta inclúense as modalidades de sub18, sub20, sub23, sénior, máster A, máster B e máster C.

A organización concederá medalla a todos os nenos e nenas da categoría sub6 que rematen a proba. Nas demais categorías concederanse trofeos aos primeiros clasificados, tanto masculino como feminino.

O circuíto habilitado para a proba absoluta discorrerá pola avenida na Mariña, Rivero de Aguilar, Valle Inclán, a rúa García de Caamaño, Alexandre Bóveda e Elipidio Villaverde para regresar ao punto de inicio. O desenvolvemento da proba implicará o peche de tráfico de forma gradual. O primeiro afectará exclusivamente á avenida da Mariña e farase a partir das 17.00 horas para ir montando a meta e instalando a caseta de reparto de dorsais. Ás 20.30 horas cortarase a avenida Rivero de Aguilar para realizar as probas da categorías inferiores e a partir das 22.00 horas estarán pechadas todas as rúas incluídas no circuíto.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -