_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
O Concello encarga un plan de xestión e inventariado das árbores dos parques da Coca e Xunqueira

O Concello de Vilagarcía vén de contratar un servizo de consultoría e asesoramento especializado para a axeitada xestión e conservación das árbores dos parques e zonas verdes municipais. O contrato adxudicouse á empresa Arbogal por importe de 12.039 euros e inclúe tanto a realización de plans de xestións para os exemplares dos parques da Coca e A Xunqueira, como as labores de revisión e mantemento dos parques anteriormente avaliados e que xa dispoñen de plans semellantes.
24.07.2024.- O coidado e conservación das especies arbóreas dos parques e zonas verdes municipais co obxectivo de mantelas en bo estado e garantir a seguridade da cidadanía é unha das liñas de actuación na que a Concellería de Medio Ambiente, a través do servizo de Xardíns, leva traballando dende hai uns anos de forma directa e contando coa colaboración e o asesoramento externos de técnicos especializados en arboricultura.

Como xa se fixera hai uns anos nos parques da Compostela e Enrique Valdés Bermejo, nos Xardíns de Ravella, na Praza de España e na Alameda, os especialistas de Arbogal avaliarán unha por unha ás árbores da Coca e da Xunqueira coa finalidade de inventarialas e elaborar fichas individualizadas nas que se inclúan todos os datos de interese (identificación e descrición da especie, localización, estado de saúde, intervencións realizadas, tratamentos, recomendacións…). Este traballo permitirá facer un seguimento pormenorizado dos exemplares, detectar posibles afeccións dun xeito máis rápido e determinar as actuacións necesarias coa maior brevidade.

A maiores destes plans de xestión, dentro deste mesmo contrato, Argobal tamén revisará e fará seguimento das árbores dos parques que xa contan con estudos previos -Matosinhos, Alameda, Praza de España e Ravella- e realizará as tarefas de poda e tala en altura que se vaian precisando. Para a execución destes últimos traballos disporase de dous arboristas.

Contra cun plan de xestión é especialmente importante en parques como os da Compostela ou o Valdés Bermejo -que concentran as árbores de maior porte e as máis antigas-, ou nos xardíns de Ravella e da Praza de España -onde o estado de saúde dos exemplares está comprometido pola afección de fungos. O seguimento constante e as intervencións nestas zonas, ademais de para mellorar a súa conservación, serven para previr riscos de desprendementos e roturas que poderían causar danos materiais ou persoais. De aí que as labores preventivas sexan imprescindibles.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -