_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A Biblioteca municipal xa é un dos 26 espazos cardioprotexidos habilitados polo Concello

A nova Biblioteca Municipal de Vilagarcía vén de converterse nun espazo cardioprotexido grazas á dotación dun desfibrilador semiautomático DESA co que poder dar unha rápida resposta en casos de risco vital a persoas en situación de parada cardíaca. Con este xa son 26 os espazos cardioprotexidos habilitados en dependencias municipais e proximamente sumaranse outros dous coa instalacións de equipos no centro sociocultural e deportivo de Vilaxoán e na nave de deportes náuticos do Ramal.
25.07.2024.- Os desfibrilador da Biblioteca colocouse no recibidor, preto das escaleiras de entrada, de xeito que sexa perfectamente visible e teña un doado acceso para facilitar a súa utilización en caso de ser necesario. Ademais, a existencia dos espazos cardioprotexidos advírtese mediante carteis de xeito que a xente poida atopalos facilmente para recorrer a eles en caso de producirse unha emerxencia sanitaria. É importante que se coñeza a existencia e a localización dos 26 DESA para que calquera persoa poida dirixirse ao máis próximo en caso de que alguén o precisase.

Anteriormente ao da Biblioteca, o Concello de Vilagarcía xa tiña instalados desfribriladores de acceso público noutras instalacións municipais: Praza de Abastos, Escola Municipal de Música, consistorio, Auditorio, Escola Obradoiro, Salón García e pavillón de Fexdega; e nas instalacións deportivas de Fontecarmoa, os pavillóns Castelao-Helena Mariño, de Faxilde, A Torre, Guillán e Carril; así como nos campos de fútbol Manuel Jiménez, Berdón, Vilaxoán, A Lomba, Bamio e A Pelada.

A todos estes puntos súmanse en verán os DESA dos postos se socorro das praias do campanario (Bamio) e da Concha-Compostela e, ao longo de todo o ano, outros cinco equipados noutros tantos vehículos do Servizo Municipal de Emerxencias, cos que se pode chegar a cualquera parte do municipio onde sexa preciso.

Cidade Cardioprotexida

Con este plan de creación de espazos cardioprotexidos, o goberno local pretende por os medios necesarios para poder atender calquera situación de emerxencia no menor tempo posible, sumándose así as numerosas campañas que se están a realizar en diferentes ámbitos para dotar as rúas e instalacións públicas de desfibriladores de uso público xa que, en situacións de paro cardíaco, a rapidez na actuación soe ser esencial para salvar unha vida. Con isto Vilagarcía segue avanzado de cara a converterse nunha Cidade Cardioprotexida.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -