_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello toma posesión dos locais adquiridos nos Duráns para ampliar as dependencias de Servizos Sociais

O Concello de Vilagarcía formalizou esta mañá ante notario a compra dos locais dos Duráns que permitirán ampliar as dependencias dos Servizos Sociais Municipais. A operación completouse a mediodía co acto de entrega das chaves por parte dos antigos propietarios ao alcalde, Alberto Varela. Os catro baixos adquiridos suman unha superficie total de 563 metros cadrados e cobren a esquina da mazá das rúas Duráns, Eduardo Pondal e Pablo Iglesias. O Concello pagou polos mesmos 233.000 euros financiados con fondos propios do Concello.
26.07.2024.- A compra do inmoble era unha necesidade que o departamento que dirixe Tania García viña demandando xa dende hai tempo debido a que as actuais dependencias no consistorio resultan insuficientes para poder desenvolver o importante volume de actividade que rexistra o servizo. Isto ven dado polo crecente número de usuarios e tamén pola correspondente ampliación de programas e de persoal levados a cabo nos últimos anos para atender as necesidades da cidadanía e poder axilizar as xestión. O traslado e unificación de todas as oficinas dos Servizos Sociais nas novas dependencias dos Duráns aportará máis comodidade e privacidade aos usuarios e tamén facilitará o traballo do persoal do servizo.

Unha vez formalizada a compra, o seguinte paso a dar polo Concello será encargar a redacción do proxecto de reforma do baixo (unificando os catro locais) coa finalidade de adaptalo ás necesidades dos Servizos Sociais. En espera de ter o proxecto, e de coñecer o importe das obras a executar, de forma paralela, o goberno local irá xestionando xa a procura de fondos cos que financiar a obra, ben con fondos propios ou a través de axudas doutras administracións. Neste punto, Varela apuntou que “tendo en conta que os concellos de Galicia están asumindo un elevadísimo custe para prestar Servizos Sociais que, en boa parte, competen á administración autonómica, o lóxico sería contar cunha axuda da Xunta de Galicia para poder acometer esta obra”.



4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -