_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
A Semana de Cine serve de antesala a San Roque con películas clásicas, éxitos actuais, documentais, encontros con autores e actividades ao aire libre

A Semana de Cine, que organiza o Cine Club Ádega coa colaboración da Concellería de Cultura, arrancará o domingo 4 e servirá de antesala ás festas de San Roque, que comezarán oficialmente o mércores 14. Durante unha semana, o Salón García, a praia da Compostela e o parque do Castriño servirán de escenario para un programa no que se mesturan películas clásicas con acompañamento musical (“Safety Last” –“O home mosca”, de Buster Keaton), éxitos actuais (“La zona de interés”, último premio Óscar á mellor película estranxeira, ou “Siempre nos quedará mañana”, documentais, encontros con autores e actividades para os máis mozos.
27.07.2024. Na presentación, a concelleira de Cultura, Sonia Outón, felicitou aos membros do Cine Club polo traballo feito nos últimos meses para lograr un dos programas máis ambiciosos da Semana que se recordan. Pola súa banda, o presidente de Ádega, Fernando López, destacou que logo de recuperar a Semana, o encontro vai a máis, como proba as máis de 1.500 persoas que acudiron o ano pasado, o que os animou a ampliar un día máis as proxeccións e seguir incrementando as actividades paralelas.

Agás as proxeccións na praia e no Castriño, que serán de balde, no resto das exhibicións cobrarase unha entrada de 4 euros para os non socios, aínda que tamén cabe a posibilidade de adquirir un abono para toda a Semana por tan só 10 euros. Os socios e fillos/as de socios non pagan. Menores, parados e xubilados terán bonificacións. As entradas e abonos poden adquirirse a través da web http://www.cineclubadega.com .

Este é o PROGRAMA COMPLETO da Semana de Cine 2024:

- DOMINGO 4 DE AGOSTO

12:30 – Rúa Alcalde Rey Daviña
Caravana de Cine
Selección de curtametraxes para nenos e nenas.

21:30 – Praia da Compostela
Proxección: Illa de Cans
Despois de que todas as mascotas caninas de Megasaki City sexan exiliadas a unha illa que é unha entulleira, un neno de 12 anos emprende unha viaxe para buscar o seu can extraviado.
Ano: 2018| Xénero: Animación, comedia| Duración: 101 min| Director: Wes Anderson

- LUNS 5 AGOSTO

Salón García
20:00 Charla e gravación podcast Gafapasta Plasta en directo (45´)
21:00 Proxección: The Zone of Interest
O comandante de Auschwitz Rudolf Höss e a súa esposa Hedwig esfórzanse en construír unha vida de ilusión para a súa familia nunha casa con xardín preto do campo.
Ano: 2023| Xénero: Drama| Duración: 106 min| Director: Jonathan Glazer

- MARTES 6 AGOSTO

Salón García
19:30 Proxección da curta e actuación musical relacionada co filme O gaiteiro que desceu da carabela. O músico Tales Melati percorre o sur de Brasil levando consigo o timbre exótico da súa gaita, a mesma que desembarcou coa expedición lusa de Cabral. Un poderoso son que revela a alma perdida da música galego-portuguesa en Brasil.

Ano: 2021| Xénero: documental| Duración: 15 min| Director: Juan Quintáns

20:00 Charla co director Juan Quintáns
Cineasta español, formado na Escola de Cine da Coruña, onde se especializou en son. Traballa en numerosas producións en España e agora en Brasil, tanto para cine, TV e publicidade, como en diferentes áreas: son directo, deseño de son, eventos e concertos, e enxeñeiro de varios álbums de música. É profesor en diversos cursos de son para cine e TV.

21:30 Proxección: Tres
Unha deseñadora de son pasa moitas horas soa gravando efectos, editando e mesturando. É un refuxio onde postergar as avariadas relacións que mantén coa súa exparella, coa súa anciá nai e cos seus compañeiros de traballo. Aínda que ela aínda non o sabe, está a comezar a desincronizarse. Coma se fose unha película mal sonorizada, o seu cerebro comezou a procesar o son máis tarde que as imaxes.

Ano: 2021| Xénero: Intriga, drama| Duración: 104 min| Director: Juanjo Giménez.


- MÉRCORES 7 AGOSTO

Salón García
11:00 Obradoiro de cine Workshop. El Silencio Cinematográfico
Impartido polo cineasta Juan Quintáns
Duración: 3 horas

21:30 Safety Last!
Filme-concerto coa banda Fuzzo
A formación reúne tres estrelas da escena do jazz galego: Virxilio da Silva na guitarra, Xan Campos nos teclados e Chus Pazos na batería. Defínense a si mesmos como unha banda de improvisación libre acumulativa, e fan dos seus concertos unha verdadeira experiencia de salvaxe éxtase creativa.

Ano: 1923| Xénero: Comedia cine mudo| Duración: 77 min| Director: F. C. Newmeyer, S. Taylor

- XOVES 8 AGOSTO

11:00 Biblioteca antiga (rúa Rey Daviña).
Obradoiro de StopMotion para nenos
Duración: 3 horas
Introdución á técnica de animación “stop motion”. Para nenas e nenos a partir de 8 anos.

Neste obradoiro as persoas participantes aprenden o funcionamento do cine e dos debuxos animados utilizando técnicas de plástica, como debuxo, recortes de cartolina e plastilina, e tamén obxectos inanimados como xoguetes, que fan moi amena e divertida a aprendizaxe.

18:30 Salón García
Cineclube Júnior
Proxección: Calamity

En 1863, Martha Janes debe aprender como manexar os cabalos dunha carruaxe para poder así participar nun convoi que transita polo oeste dos Estados Unidos. Un día decide poñer pantalóns e cortar o pelo, xerando así unha enorme polémica que sacará a relucir o seu verdadeiro carácter ante as innumerables dificultades que se presentan nun mundo tan grande como salvaxe e no que todo é posible.

Ano: 2020| Xénero: Animación| Duración: 82 min| Director: Rémi Chayé

21:30 Salón García
Proxección: Stop Making Sense
Aclamadísimo documental musical sobre os Talking Heads en concerto, rodado en tres noites e con sete cámaras por Jonathan Demme.

Ano: 1984| Xénero: Documental| Duración: 88 min| Director: Jonathan Demme

- VENRES 9 AGOSTO

20:00 e 22:15 (dobre pase) - Salón García
Proxección: C´é Ancora Domani
É primavera e toda a familia está alborotada polo inminente compromiso da querida filla maior, Marcella, quen, pola súa banda, só espera casar rapidamente cun simpático mozo de clase media, Giulio, e librarse por fin desa incómoda familia.

Ano: 2023| Xénero: Comedia| Duración: 118 min| Director: Paola Cortellesi

- SÁBADO 10 AGOSTO

21:30 e 22:15. Parque do Castriño
Noite de cinema e pícnic no xardín Enrique Valdés.
Trae a túa comida e bebida para desfrutar de cine e música á luz das estrelas nun espazo natural espectacular.

21:30 Presentación do libro “El imaginario fantástico de Tim Burton” coa súa autora Milenia Martínez

22:15 Bitelchus
Un matrimonio de pantasmas (Geena Davis e Alec Baldwin) contrata os servizos de Bitelchus (Michael Keaton), un especialista en asustar mortais, para que escorrente os novos propietarios da súa querida casa vitoriana.

Ano: 1988| Xénero: Comedia de terror| Duración: 93 min| Director: Tim Burton
Entrada de balde

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -