_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
O escritor e xornalista Alberto Avendaño, pregoeiro de San Roque 2024

Alberto Avendaño (Vigo, 1957) será o sucesor de María Foscaldo, “La repunante”, como pregoeiro de San Roque. O escritor e xornalista, afincado en Vilagarcía dende hai uns anos tras regresar de Estados Unidos, onde desenvolveu unha exitosa carreira profesional, sairá ao balcón da casa consistorial o mércores 14 de agosto, ás 20:30 horas. Despois, como vén sendo tradicional, haberá un desfile de asociacións e colectivos que farán unha ofrenda floral ao santo diante da igrexa e, xa pola noite, Guadi Galego protagonizará o primeiro dos grandes concertos (22:30), que se complementará cunha sesión de La Duendeneta na Alameda a partir das 23:30 horas.
27.07.2024. Alberto Avendaño é escritor e periodista cunha vida en dous mundos (Galicia –TVG- e Estados Unidos –The Washington Post—) e en tres idiomas (galego, castelán e inglés). Defínese como un “emigrante retornado” que escolleu Vilagarcía de Arousa para, despois de 30 anos fóra, ofrecerlle á súa familia unha referencia de vida e de cultura. É membro numerario da Academia Norteamericana de la Lengua Española, recibiu os galardóns máis importantes da prensa hispana de Estados Unidos e conta con tres premios Emmy da Academia da TV estadounidense.

Ao longo da súa carreira, Avendaño publicou varios libros de narrativa e poesía, traduciu ao galego a Allan Poe, traballo polo que recibiu un premio internacional. Na TVG realizou e presentou varios programas informativos e magacines e tamén dirixiu dobraxes. En Estados Unidos, onde se licenciou en xornalismo, que se sumaba á seu título de filoloxía en Santiago, creou o semanario “El Tiempo Latino”, co que chegaría a un acordo de colaboración con The Washintong Post. Na súa estadía en USA, Avendaño recibiu diversos premios polos seus traballos en prensa e televisión, sempre en español.

As festas de Vilagarcía, que Avendaño pregoará, arrancarán o mércores 14 e concluirán o domingo 25. Doce días de festa nos que haberá música, humor, folclore, verbenas e circo de rúa, con moita presenza do talento local e galego, e concluirán co sempre esperado festival pirotécnico do Combate Naval, o sábado 24, e o desfile de carrozas, o domingo 25.



4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -