_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O pavillón número 1 de Fontecarmoa levará o nome de Sara Gómez

O pavillón municipal número 1 de Fontecarmoa levará o nome da baloncestista vilagarciá Sara Gómez. Así o acordou o goberno local tras as conversas mantidas nos últimos meses coa propia xogadora e o club Cortegada, no que desenvolveu a maior parte da súa carreira profesional. A homenaxe materializarase nunha xornada festiva que incluirá a celebración dun partido de baloncesto e a estrea da galería da fama nas instalacións de Fontecarmoa colgando a camiseta co número de Sara.
29.07.2024.- O goberno local de Vilagarcía, a través do concelleiro de Deportes, Carlos Coira, levaba xa uns meses traballando na organización da homenaxe que Vilagarcía lle ía render a unha das súas deportistas máis destacadas. Para decidir a forma que se lle daría a ese merecido recoñecemento celebráronse varias reunións con Sara e coa directiva do Cortegada. Sobre a mesa puxéronse varias propostas, acordando finalmente a fórmula comentada.

A data do acto anunciarase tan pronto como estean pechados os preparativos e coa antelación suficiente para darlle a dimensión que se merece a homenaxe a unha muller que tantas alegrías ten dado ao deporte local e ao da canastra en particular.

Sara Gómez Ferreirós retirouse do baloncesto en 2023 con 37 anos de idade e tras 18 temporadas xogando a nivel profesional nas competicións nacional e europea. A súa traxectoria comezou na AD Cortegada, club no que desenvolveu a maior parte da súa carreira e co que xogou na máxima categoría do baloncesto feminino. A escolta estreouse con 15 anos como internacional española e con 16 na Liga Profesional. Tamén xogou nas filas do Bosco-Celta e do club catalán AE Sedis Basquet- Cadi La Seu.
 
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -