_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Os veciños do Patio Saavedra xa gozan de beirarrúas completamente accesibles

Os veciños da rúa Patio Saavedra gozan dende hai xa uns días por unhas beirarrúas completamente accesibles e libres de obstáculos. Isto foi posible grazas á obra que vén de rematar e na que o Concello investiu 28.000 euros para arranxar as deficiencias que presentaban as zonas de paso peonil e que dificultaban o tránsito das persoas debido aos desniveis e ao mal estado no que se atopaban. Os traballos foron executados pola empresa Montajes Eléctricos J.M. Iglesias.
30.07.2024.- A mellora de accesibilidade na rúa Patio Saavedra foi unha petición que o Concello realizou atendendo á solicitude realizada pola comunidade de propietarios. Os veciños advertían do afundimento da beirarrúa en diversos puntos o que, ademais de supoñer un risco para os peóns, propiciaba a creación de charcos. A maiores, o firme presentaba un desnivel en baixada cara a fachada dun inmoble, o que provocada que a auga escorrentase cara a parede filtrándose ao baixo e ao soto.

Coas obras realizadas resolvéronse estes dous inconvenientes. Os traballos consistiron na demolición da vella beirarrúa de lousa hidráulica, a nivelación da superficie, o arranxo das canalizacións de recollida de pluviais, saneamento e auga afectados polos afundimentos, e na reconstrución do pavimento utilizando formigón armado. As zonas dos pasos de peóns sinalizáronse con lousa hidráulica con botóns para que as persoas invidentes poidan identificar as zonas seguras de cruce.
 
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -