_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
Varela recibe ao equipo feminino de Arousa Pádel, flamantes campioas da Copa de Galicia

O Salón Nobre do Concello de Vilagarcía foi escenario este mediodía do recibimento que o alcalde, Alberto Varela, e o concelleiro, Álvaro Carou, prestaron ás flamantes campioas da Copa Galicia de Pádel, as integrantes do equipo do club local Arousa Pádel. As xogadoras, que en novembro participarán no campionato de España que se celebrará en Barcelona, amosaron ao rexedor o trofeo que gañaron no enfrontamento entre equipos das Rías Baixas e das Rías Altas no que se proclamaron vencedoras, e comentáronlle a ilusión e as expectativas que manexan de cara á cita de outono no torneo de ámbito estatal.
31.07.2024.- Integrado por mulleres de diferentes franxas de idade, as xogadoras do Arousa Pádel márcanse como obxectivo facer medrar ao club integrando a máis deportistas, para o cal fan un chamamento ás rapazas e mulleres que desexen probar nesta modalidade deportiva a acudir a probar ao club vilagarcián.

Varela felicitou ao equipo polo recente éxito e a evolución amosada, que as levou este ano a ascender de categoría, e desexoulles continuar progresando e moita sorte para o Campionato de España sobre o que, dixo, “estaremos moi atentos e esperando que regresedes de novo aquí para amosarnos ese outro trofeo”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -