_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
A empresa Galsur acometerá o ensanche e mellora do camiño da rúa Canto, en Sobrán

A Xunta Local de Goberno do Concello de Vilagarcía acordou na reunión de onte adxudicar á empresa Galsur Proyectos y Obras S.L.U. a execución da mellora da rúa Canto, en Sobrán, por importe de 73.474 euros (IVE incluído). Os traballos forman parte do plan de mellora e mantemento da rede viaria municipal que desenvolve o Concello e cofináncianse cunha achega da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).
31.07.2024.- Con esta nova actuación na parroquia de Sobrán o goberno local continúa coa renovación das comunicacións das zonas do rural, neste caso actuando sobre un camiño que se atopaba bastante deteriorado debido ao desgaste polo intenso tráfico que soporta. Co obxectivo de arranxar as fendas e as numerosas fochancas que dificultan o tránsito e representan un risco para a circulación, o Concello programou a obra que, ademais de renovar por completo a capa de rodadura, incluirá outras melloras, como o acondicionamento da rede de drenaxe ou a construción de lombos redutores de velocidade. Para que o firme quede nas mellores condicións, fresarase a capa de rodadura actual para, a continuación, botar unha nova de 6 centímetros de grosor.

Actualmente o camiño presenta un ancho variable coa alternancia de estreitos tramos de 4 metros con outros que chegan ata os 10, o que, ademais de dificultar a circulación, supón un risco tanto para os vehículos como para os peóns. Pos iso, para mellorar a seguridade viaria, os traballos aproveitaranse para ensanchar a vía nas zonas onde sexa posible, de xeito que o ancho medio do camiño pase a contar con 7,1 metros.
 
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2024  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -