_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
AVISOS
O Concello abre o día 5 o prazo para tramitar a instalación de barras exteriores durante a Festa da Auga

O Concello de Vilagarcía vén de fixar o prazo para tramitar a instalación de barras exteriores para a venta de bebidas durante a madrugada previa e o día da Festa da Auga. Os locais de hostalaría interesados deben presentar as súas solicitudes entre o 5 de agosto e as 9 da mañá do luns 12, mediante o modelo de instancia xeral e a través da sede electrónica (sede.vilagarcia.gal) ou do Rexistro Xeral do Concello. Para conseguir a autorización municipal deberán cumprir os requisitos que se indican la resolución que poden consultar no taboleiro de anunciar da mesma sede. A lista coas barras que obteñen o permiso publicarase neste mesmo espazo.
02.08.2024. Entre as obrigas que deberán cumprir os hostaleiros atópanse contar cun seguro de responsabilidade civil que cubra calquera incidencia derivada da actividade da barra, así como ter as dimensións que se especifican na resolución e emprazalas de xeito que non impidan o paso dos peóns pola vía pública nin o uso do mobiliario urbano.

No caso de que non se permita o acceso público aos aseos dos respectivos locais, os responsables dos mesmos deberán instalar baños químicos na rúa, indicando na súa solicitude o emprazamento proposto.

A montaxe das barras exteriores terá que realizarse obrigatoriamente a partir das 22:00 horas do 15 de agosto, e a retirada deberá comezar antes das 17.30 horas do día 16, de xeito que as vías estean totalmente despexadas ás 18:00 horas para que poidan actuar aos servizos de limpeza.


Ademais, todas as barras deberán obedecer ao disposto na Lei 11/2010, de 17 de decembro, de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade, e cumprir co especificado na Ordenanza Municipal de ruídos e vibracións.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2024  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -